Corpus Christi Ponteareas Zonas de Aparcamento en Ponteareas en Corpus Christi Servicios Municipais de Ponteareas Zonas pechadas ao tráfico en Ponteareas en Corpus Ch... Alfombras do Corpus Christi de Ponteareas

Leer descripción ↓↓ Ver el mapa


Guía do Visitante ao Corpus Christi de Ponteareas 2013 probando probando probando probando


0: Avenida Rosalía de Castro
Ver detalle
1: Aparcadoiro Supermercado Eroski
Ver detalle
2: Aparcadoiro Complexo Dptvo. Álvaro Pino
Ver detalle
3: Aparcadoro Colexio Fermín Bouza Brey
Ver detalle
4: Aparcadoiro Colexio Nª Sra. dos Remedios
Ver detalle
5: Aparcadoiro Residencia Santa Ana
Ver detalle
6: Aparcadoiro na Rúa Real
Ver detalle
7: Aparcadoiro na rúa Amado Garra
Ver detalle
8: Aparcadoiro na rúa Amado Garra
Ver detalle
9: Casa do Concello
Ver detalle
10: Biblioteca e Museo Municipal
Ver detalle
11: Igrexa San Miguel de Ponteareas
Ver detalle
12: Policía Local
Ver detalle
13: Centro de Saúde
Ver detalle
14: Servizo de Bombeiros
Ver detalle
15: Protección Civil
Ver detalle
16: Cuartel da Garda Civil
Ver detalle
17: Punto de Información Turismo
Ver detalle
18: Ambulancias Ponteareas
Ver detalle
19: Cruce Rúa Concha Brey con Virxe dos Remedios
Ver detalle
20: Rúa Braña con Doutor Fernández de la Vega
Ver detalle
21: Rúa San Roque con Ferreiros
Ver detalle
22: Rúa Vidales Tomé con Ciclista Emilio Rodríguez
Ver detalle
23: Rúa Doutor Fernández de la Vega cruce con Alcalde R. Sabell
Ver detalle
24: cruce das Rúas Reveriano Soutullo e Doutor fernández de la Vega
Ver detalle
25: Cruce das Rúas Vidales Tome e Santa Ana
Ver detalle
26: Alfombra da Orotava
Ver detalle
27: Alfombra da Praza Bugallal
Ver detalle
28: Alfombra da Rúa de Oriente
Ver detalle
29: Alfombra de La Antigua (Guatemala)
Ver detalle
30: Alfombra da Praza Maior (1º Tramo)
Ver detalle
31: Alfombra da Praza Maior (2º Tramo)
Ver detalle
32: Alfombra da Rúa dos Ferreiros (1º Tramo)
Ver detalle
33: Alfombra da Rúa dos Ferreiros (2º Tramo)
Ver detalle
34: Alfombra da Solidariedade "Fonte do Baratillo"
Ver detalle
35: Alfombra dos Alfombristas de MonÇao
Ver detalle
36: Alfombra da rúa Doutor Fernández de la Vega (2º Tramo)
Ver detalle
37: Alfombra da Escola de Alfombristas
Ver detalle
38: Alfombra da ANPA Pena do Equilibrio
Ver detalle
39: Alfombra do Cantón de Boavista
Ver detalle
40: Alfombra Reveriano Soutullo "A Castiñeira"
Ver detalle
41: Alfombra Reveriano Soutullo - AAVV Arcos
Ver detalle
42: Alfombra Reveriano Soutullo - AAVV Prado
Ver detalle
43: Alfombra Reveriano Soutullo - "As Monxas"
Ver detalle
44: Alfombra Reveriano Soutullo
Ver detalle
45: Alfombra de La Giralda
Ver detalle
46: Cruceiro de San Gregorio
Ver detalle


Lugares de interés (POIs) del Mapa

0: Avenida Rosalía de Castro

Acceso pola Avda. Rosalía de Castro entre os edificios números 11 e 13.

Capacidade aproximada 50 vehículos.


Más sobre Avenida Rosalía de Castro

1: Aparcadoiro Supermercado Eroski

Situado na parroquia de Angoares, no acceso a Ponteareas dende a Autovía das Rías Baixas pola PO-403

Capacidade aproximada de 300 vehículos


Más sobre Aparcadoiro Supermercado Eroski

2: Aparcadoiro Complexo Dptvo. Álvaro Pino

Situado no barrio de As Cachadas, no cruce da N-120 coa PO-254 no chamado "Cruce de Mondariz".

Capacidade aproximada 100 vehículos.


Más sobre Aparcadoiro Complexo Dptvo. Álvaro Pino

3: Aparcadoro Colexio Fermín Bouza Brey

Acceso a Ponteareas dende a Autovía das Rías Baixas pola PO-403

Entrada pola rúa Ciclista Delio Rodríguez
Capacidade aproximada 150 vehículos


Más sobre Aparcadoro Colexio Fermín Bouza Brey

4: Aparcadoiro Colexio Nª Sra. dos Remedios

Acceso pola Praza do Axente Comercial.

Capacidade aproximada de 250 vehículos.


Más sobre Aparcadoiro Colexio Nª Sra. dos Remedios

5: Aparcadoiro Residencia Santa Ana

Aparcadoiro na Residencia Santa Ana.

Acceso pola rúa Vidales Tomé.
Capacidade aproximada 50 vehículos.


Más sobre Aparcadoiro Residencia Santa Ana

6: Aparcadoiro na Rúa Real

Aparcadoiro na Rúa real de Ponteareas.

Acceso á altura do número 79.
capacidade aproximada de 400 vehículos


Más sobre Aparcadoiro na Rúa Real

7: Aparcadoiro na rúa Amado Garra

Aparcadoiro na Rúa Amado Garra.

Acceso dende a Praza do Axente Comercial, rúa Azorín e xiro á esquerda a Amado Garra. 
Capacidade aproximada 30 vehículos.


Más sobre Aparcadoiro na rúa Amado Garra

8: Aparcadoiro na rúa Amado Garra

Aparcadoiro na Rúa Amado Garra.

Acceso dende a Praza do Axente Comercial, rúa Azorín e xiro á esquerda a Amado Garra. 
Capacidade aproximada 100 vehículos.


Más sobre Aparcadoiro na rúa Amado Garra

9: Casa do Concello

Teléfono de información 986640000 / 986640001


Más sobre Casa do Concello

10: Biblioteca e Museo Municipal

Teléfono de contacto 986660765


Más sobre Biblioteca e Museo Municipal

11: Igrexa San Miguel de Ponteareas


Más sobre Igrexa San Miguel de Ponteareas

12: Policía Local

Teléfono 618705618


Más sobre Policía Local

13: Centro de Saúde

Teléfonos 986661000 - 986641048


Más sobre Centro de Saúde

14: Servizo de Bombeiros

Teléfono 618705640


Más sobre Servizo de Bombeiros

15: Protección Civil

Teléfono 618705630


Más sobre Protección Civil

16: Cuartel da Garda Civil

Teléfono 986644086


Más sobre Cuartel da Garda Civil

17: Punto de Información Turismo

Teléfono 986661429


Más sobre Punto de Información Turismo

18: Ambulancias Ponteareas

Teléfono 986661715


Más sobre Ambulancias Ponteareas

19: Cruce Rúa Concha Brey con Virxe dos Remedios


Más sobre Cruce Rúa Concha Brey con Virxe dos Remedios

20: Rúa Braña con Doutor Fernández de la Vega

Se pecha a Rúa Doutor Fernández de la Vega no seu cruce coa Rúa Braña.

Acceso peonil


Más sobre Rúa Braña con Doutor Fernández de la Vega

21: Rúa San Roque con Ferreiros

O xiro habitual dende Ferreiros para baixar a San Roque non se pode facer, dado que se pecha a rúa no cruxe.


Más sobre Rúa San Roque con Ferreiros

22: Rúa Vidales Tomé con Ciclista Emilio Rodríguez

Ao subir pola Rúa Vidales Tomé non se poderá seguir ata a Praza Bugallal, sendo obrigatorio xirar á esquerda e baixar pola Rúa Ciclista Emilio Rodríguez.


Más sobre Rúa Vidales Tomé con Ciclista Emilio Rodríguez

23: Rúa Doutor Fernández de la Vega cruce con Alcalde R. Sabell

Se pecha a Rúa Doutor Fernández de la Vega no seu cruce coa Rúa Alcalde Ramiro Sabell.

Acceso peonil.


Más sobre Rúa Doutor Fernández de la Vega cruce con Alcalde R. Sabell

24: cruce das Rúas Reveriano Soutullo e Doutor fernández de la Vega

Se pecha a Rúa Doutor Fernández de la Vega no seu cruce coa Rúa reveriano Soutullo.

Acceso peonil


Más sobre cruce das Rúas Reveriano Soutullo e Doutor fernández de la Vega

25: Cruce das Rúas Vidales Tome e Santa Ana

Se pecha a Rúa Doutor Fernández de la Vega no seu cruce coa Rúa Braña.

Acceso peonil e a garaxes da zona.


Más sobre Cruce das Rúas Vidales Tome e Santa Ana

26: Alfombra da Orotava

Alfombra que realizan os veciños e veciñas do municipio de A Orotava (Tenerife) con area volcánica.

O concello de Ponteareas mantén dende hai 26 años unha relación de irmandade coa Villa de La Orotava. Neste cuarto de século moitos son os alfombristas villeiros que se desplazaron ata Ponteareas para realizar unha mostra da súa arte efímera.


Más sobre Alfombra da Orotava

27: Alfombra da Praza Bugallal

Alfombra ubicada no lateral dereito da Praza de Bugallal, tamén coñecida como Praza da Igrexa ou Prazuela, é unha das alfombras mais típicas do Corpus pontearean.
Deseñadores coma José Rodríguez (Pepe de Paruca), Luis Grau ou Miguel Novoa fixeron desta curta alfombra unha das máis celebres do Corpus.

Ademais destes diseñadores nomeados foron encargados da mesma persoas coma Maruja Pino ou José A. Monteiro.
Luis Grau, un dos mais importantes deseñadores, foi o creador, entre outras, da famosísima alfombra que se fixo en Santiago para o Papa Juan Pablo II. 

Miguel Novoa ademáis de ser neste intre o deseñador vivo con mais deseños dende o falecemento do inesquecible Luciano Doval, ten no seu haber a alfombra en Salvador de Bahía (Brasil) e a elaborada na Coruña con motivo da visita do Prelado do Opus.

Rúa onde se homexeou a D.Gabino Porto no 2008 e que vai retomar os homenaxes a persoeiros destacados pola súa implicación coa festividade do Corpus Christi.

Dende hai máis de 10 anos o deseñador  da alfombra do tramo da Praza de Bugallal é Miguel A. Novoa. Esta alfombra ten coma curiosidade que é unha das poucas que non dispón de portal para desfollar na propia rúa, facéndoo dende hai 4 anos na Pedra de Auga, en Trovador Xoan García de Guillade.


Más sobre Alfombra da Praza Bugallal

28: Alfombra da Rúa de Oriente

A historia da rúa de Oriente se remonta uns 130 anos, cando os debuxos da rúa se facían con reglas directamente sobre o chan, e non con plantillas como se fan agora; estes debuxos os facían Alfonso Fernández, Daniel Novoa e Jesús Carrera.

Xa co sistema de plantillas, serían os encargados Rogelio Lorenzo, Alfonso Quinteiro, Carlotes Caballero Constantino Carrera; na actualidad e, dende hai quince anos, o deseño da alfombra o fai Maruca, persoa muy vinculada á rúa (é de México pero está casada cun ponteareán), e envía tódolos anos o deseño a pesares de non asistit á festa.

Esta rúa está dividida en portais e sempre se fixo deste xeito. Na  la actualidade forman parte da alfombra cinco portais.


Más sobre Alfombra da Rúa de Oriente

29: Alfombra de La Antigua (Guatemala)

En América Central, as alfombras de La Antigua Guatemala son verdadeiras obras de arte efímero, ademáis de posuir atractivo turístico. Barrocas polos maias, europeas, pola profusión da cor eelementos decorativos, se valoran como unha das expresións populares máis sofisticadas de América.

A orixe das alfombras de La Antigua Guatemala se remonta a omito antes da época da Conquista e Colonización realizada polos españois pois, segundo os historiadores, na época prehispánica xa se utilizaban frores e plumas de aves exóticas que se esparcían no camino coma homenaxe ao paso dos palanquíns nos que se transportaba a reis, sacerdotes, dignatarios e héroes guerreiros no seu traxecto a cerimonias ou ritos relixiosos.


Más sobre Alfombra de La Antigua (Guatemala)

30: Alfombra da Praza Maior (1º Tramo)

A denominada alfombra PRAZA MAIOR Primeiro Tramo se sitúa no lado dereito da praza, entre as entradas das rúas San Xoaquín e Santa Ana.

Algúns dos seus desenadores ao longo do tempo foron Emilio Montenegro, José Manuel Lamora, Victor Manuel e no ano 2012 contaron coa axuda e colaboracion de MARCOS BLANCO, que reside na parroquia de Alxen (Salvaterra de Miño).


Más sobre Alfombra da Praza Maior (1º Tramo)

31: Alfombra da Praza Maior (2º Tramo)

Alfombra coñecida como Praza Maior 2º Tramo, hai tempo como "la grande", non tanto polo seu tamaño, senón porque ao ser a única que non se realiza nunhaa rúa, o espazo permite xogar coa súa forma, sendo unhas veces redonda, otras cadrada, etc…


Más sobre Alfombra da Praza Maior (2º Tramo)

32: Alfombra da Rúa dos Ferreiros (1º Tramo)

Antigamente, a procesión do Corpus despois de baixala Costa de San Gregorio continuaba cara a fonte e ata un altar e o cruceiro na Rúa Real, ou estrada nacional, a altura do cruce do Centro de Saúde. Os alfombristas da Calle de Abaixo elaboraban o tramo da xeral, que durante un tempo era alfombrado únicamente os laterais para deixar pasar o tráfico, e maila subida inicial da Rúa dos ferreiros ata o cruce coa Costa de San Gregorio.

Co aumento do tráfico na xeral, nos anos sesenta deixouse de facer o tramo e a procesión cambiou o percorrido, baixando pola Costa e trala parada no altar do Cruceiro de San Gregorio virando á esquerda e .subindo os Ferreiros. Os veciños da Calle de Abaixo pasaron a realizar o primeiro tramo da Rúa dos Ferreiros. Este tramo víñase facendo dende os orixes do Corpus, e consérvanse fotografías datadas no principio do século XX que recollen a tradición de facer as alfombras con palla coloreada.

Os actuais alfombristas esméranse en facer unha das alfombras mais traballadas e fermosas, enriquecendo os deseños con sombreados e detalles a base de pequenas sementes de varias cores ou con material seco e moi picado. Ademais, nos seus deseños intentan non repitir motivos dentro da mesma alfombra, facendo varios debuxos diferentes. Así, a do ano pasado, adicada ao Xacobeo, representaban unha Cruz de Santiago, un botafumeiro, un racimo de uvas, facendo variada unha alfombra que alcanza os oitenta metros de longo.


Más sobre Alfombra da Rúa dos Ferreiros (1º Tramo)

33: Alfombra da Rúa dos Ferreiros (2º Tramo)

Dos mais antigos tramos de alfombras do Corpus é o da rúa dos Ferreiros antes chamada Gabino Bugallal. A fotografía mais antiga que se conserva dunha alfombra do Corpus de Ponteareas é unha foto deste tramo de 1912. 

Antes confeccionábase un só tramo que iba dende o inicio da Costa de San Gregorio ate o Baratillo. Os traballos de desfolle facíanse en 3 portais: o de Pilarucha, o de Leandro e o de Piñeiro e neles participaban mais xente que na actualidade, e tamén o traballo era maior non só polo tamaño da alfombra senón polo uso de materiais que requiren maior preparación como o fiuncho, hoxe sustituido polas cocas do eucalipto. 

Os veciños da calle de Abaixo facían a súa alfombra na propia nacional 120, ate que nos anos 60, co aumento do tráfico na estrada, este tramo trasladouse ao primeiro tramo da Rúa dos Ferreiros, reducindo así o antigo tramo de Gabino Bugallal. Polo extremo do Baratillo foron aparecendo tamén novas alfombras. O tramo de Montenegro, da Pilarucha e as de Anita, traballa hoxe nun portal frente a baixada para San Roque, aproximadamente no punto medio do percorrido da alfombra.

O deseño desta alfombra estivo en mans e no arte dos Montenegro. As persoas mais maiores do portal recordan dende que teñen memoria, facer o deseño a Emilio Montenegro que diseñou as alfombras ate mediados dos anos 70. Xa o seu pai deseñaba as alfombras dos Ferreiros, e cando Emilio finou tamén o seu fillo deseñou alfombras. Logo outros deseñadores como Miguel Gayo ou Julio “Varillas” tomaron o relevo.


Más sobre Alfombra da Rúa dos Ferreiros (2º Tramo)

34: Alfombra da Solidariedade "Fonte do Baratillo"

Esta alfombra se fixo por primeira vez no año 2006 nun tramo da rúa Reveriano Soutullo, coa intención de integrar na tradición alfombrista aos inmigrantes e a todas aquelas persoas que pola situación económica, social ou cultural non participaban na festa máis representativa da vila.

Así, e dada a intención de continuidade, ofrecéuselle á asociación recuperar un tramo que fora abandonado na rúa Doutor Fernández de la Vega, no tramo da “Fonte do Baratillo” ubicación que se mantén dende o ano 2007.

Las personas que forman esta alfombra son de distintas calles de nuestra villa y de alguna de sus 23 parroquias, A la hora de preparar los materiales contamos con mujeres de avanzada edad que enseñan a los profanos el arte ponteareano. Destacar la participación admirable de personas discapacitadas que nos enseñan, año tras año, que las limitaciones las marca nuestra ilusión y no nuestro cuerpo.  


Más sobre Alfombra da Solidariedade "Fonte do Baratillo"

35: Alfombra dos Alfombristas de MonÇao

Se descoñece a orixe do ritual desta festa en Monçao, pero a súa tradición data do século XVI. A festa comeza cunha procesión solemne do Corpus Christi e, de seguido, a tradicional loita entre a "Coca (animal de madeira, movido por homes dende o seu interior) e San Xurxo, representado por un xinete. A loita remata cando o xinete curta as ourellas da Coca, o que, simbólicamente, presaxia un bon ano.


Más sobre Alfombra dos Alfombristas de MonÇao

36: Alfombra da rúa Doutor Fernández de la Vega (2º Tramo)

No Cantón de Boavista, entre o recanto que formaban o Baratillo e a Praza da Arxentina e até a antiga Praza de Abastos, en paralelo aos predios de Garra, sitúabase o tramo de rúa da antiga estrada a Salvaterra (actualmente adicada ao Doutor Fernández de la Vega).
 
Entre os anos corenta e sesenta, alleo por completo as edificacións, unicamente salientaba a Tenda Nova ou Casa Pepe da familia Álvarez-Cid. Daquelas, a procesión do Corpus remataba o seu paseo floral nos Ferreiros e non volvía recuperalo até a Castiñeira. No entanto, o bo costume da Casa Pepe por convidar aos alfombristas dos Ferreiros posibilitou, en acción de agradecemento, que estos, de xeito espontáneo e na última hora, alfombraran o referido tramo máis dunha vez con cargo o material sobrante. Contodo non callou nunca a tradición pola falla de veciños.
 
Xa na altura do ano 1977, logo de pechada actividade de vodas da Casa Pepe, os seus herdeiros axúntanse aos veciños da Praza da Arxentina (Familias Figueiras, Pérez Pardo, Castrodeza, entre outras), para dar en consolidar a alfombra de xeito permanente.
 
Caracterizada sempre por un planeamento preciso que abordaba en apenas unha semana o acopio do material e o seu desfollado, xa dende un primeiro intre salientou polo barroquismo do seu deseño e a coidada cadencia da súa combinación de cores; abríndose, así mesmo, a novas experiencias con aportación de materiais até daquela innovadores: perfilado exclusivo con árnica, adornos de árnica tinguida, de  flores enteiras e mesmo ramallos, ou un uso de casca de piñeiro moída para os fondos, fuxindo do mirto e da mimosa.
 
Coas edificacións de finais dos anos setenta e dos oitenta consolidáronse novos veciños na rúa, permitindo unha mellora na elaboración da alfombra, a cada con máis carga de traballo miudo e deseños exquisitos.
 
Xa coa chegada do novo século, unha nova xeración de veciños tomou a alternativa para principiar unha nova etapa, co protagonismo da familia González Solla, realizando os deseños Chus, Mª Carmen e colaboradores de dentro e fora da rúa.


Más sobre Alfombra da rúa Doutor Fernández de la Vega (2º Tramo)

37: Alfombra da Escola de Alfombristas

A escola comezou no ano 2009 coa intención de potenciar a participación dos máis pequenos e dos novos veciños da vila na festa máis representativa de Ponteareas. Así, en cursos que coinciden co ano escolar, se lles ensina a debuxar, as técnicas de ampliación, a eleción e preparación de materiais, métodos de elaboración… e todo elo culmina cunha alfombra propia na rúa Doutor Fernández de la Vega, diante do Auditorio Municipal Reveriano Soutullo.
Esta alfombra se diferencia de todas las demás básicamente en que son ellos, los 50 alumnos de entre 5 y 13 años los que realizan todas y cada una de las fases: ellos diseñan, hacen las plantillas, preparan los materiales, la dibujan en la calle, perfilan y colorean con pinceladas de color en forma de pétalos, la que será para muchos de ellos su primera alfombra. El domingo ellos mismos traen a sus abuelos, tíos, amigos… y son ellos los que, con su ilusión forman el futuro de un arte efímero.


Más sobre Alfombra da Escola de Alfombristas

38: Alfombra da ANPA Pena do Equilibrio

A ANPA "A PENA DO EQUILIBRIO"  do CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA e unha asociación de nais e pais, sen animo de lucro, que día tras día intentan colaborar o máximo na educación dos seus fillos, tanto na defensa da calidade do ensino coa actividade diaria da anpa, facendo aportacións organizando actividades para que vaianse adaptando a participar en grupos.

A través dunha compañeira surgíu a idea de participar nas alfombras do Corpus como actividade cultural, e en pouco tempo sen estar decidido, xa tiñamos nais e pais voluntarios para votar unha man na elaboración. A  participación da anpa no Corpus e unha actividade mais para que os mais pequenos aprendan a traballar en equipo, aínda que sexamos os pais os que teñamos que rematala faena.


Más sobre Alfombra da ANPA Pena do Equilibrio

39: Alfombra do Cantón de Boavista

O nome, Cantón de Boavista, é tomado dos antiguos terrenos da finca da familia Garra, onde se levantóu o Edificio San Roque, verce do nacemento desta alfombra, sendo os seus veciños, Tavo e Jandro, os que tiveron a idea e os que deron o empurrón inicial aos veciños, para facer a primeira alfombra alá polo ano 1986, diseñando o boceto desta primeira alfombra Miguel Novoa, “Gayolo”.

Xa no ano 1987, deseña a alfombra,  Antonio Garrido Figueras que ven facendoo sen interrupción ata o día de hoxe.
Na actualidade todo o material que se emplea é da zona Condado-Paradanta , outra parte vense en recoller e preparando ao longo do ano.

Tamen durante o ano, fanse varias actividades, como charlas, visitas culturais-turisticas, e como non, actos grastronómicos.


Más sobre Alfombra do Cantón de Boavista

40: Alfombra Reveriano Soutullo "A Castiñeira"


Más sobre Alfombra Reveriano Soutullo "A Castiñeira"

41: Alfombra Reveriano Soutullo - AAVV Arcos

No ano 2005 o Concello de Ponteareas cursou invitación a cada unha das parroquias a través das asociacións de veciños, para que estas participaran na elaboración de alfombras na vila o día de Corpus. A única parroquia que respondeu coa súa presencia aquel ano foi S. Breixo de Arcos, e ate este ano que participa por vez primeira a asociación San Nicolas de Prado ningunha outra parroquia ten feito alfombra no Corpus de Ponteareas.

A primeira alfombra que os de Arcos fan en Ponteareas foi en 2005 e ate este ano sen interrupcción. Segundo a presidenta da asociación de veciños e representante da alfombra, Antonia Cuevas, o éxito de aquel primeiro ano, coa presencia de medios de comunicación e as moitas felicitacións recibidas animou a máis veciños a participar na confección da alfombra, e a día de hoxe mais de 30 persoas se xuntan a traballar desde dúas semanas antes do Corpus.

O domingo anterior ao Corpus de Ponteareas celébrase o Corpus en Arcos. Ese domingo fan unha alfombra no adro, diante da Igrexa, de 7x7 metros. O deseño desa alfombra é aproveitado e incorporado xunto con outros motivos, á alfombra que elaboran en Ponteareas no domingo seguinte, alfombra de 5x30 metros.

O deseñador das alfombras desde o primeiro ano é Luis Duartes Gómez, veciño de Arcos que antes do 2005 non tiña deseñado alfombras, e que ano tras ano leva realizadas unhas das alfombras mais recoñecidas polo seu deseño, detalle e orixinalidade.


Más sobre Alfombra Reveriano Soutullo - AAVV Arcos

42: Alfombra Reveriano Soutullo - AAVV Prado

No ano 2005 o Concello de Ponteareas cursou invitación a cada unha das parroquias a través das asociacións de veciños, para que estas participaran na elaboración de alfombras na vila o día de Corpus. A única parroquia que respondeu coa súa presencia aquel ano foi S. Breixo de Arcos, e ate 2011, que participa por vez primeira a asociación San Nicolas de Prado, ningunha outra parroquia ten feito alfombra no Corpus de Ponteareas.


Más sobre Alfombra Reveriano Soutullo - AAVV Prado

43: Alfombra Reveriano Soutullo - "As Monxas"


Más sobre Alfombra Reveriano Soutullo - "As Monxas"

44: Alfombra Reveriano Soutullo

Alfombra realizada pola Asociación de Alfombristas Reveriano Soutullo


Más sobre Alfombra Reveriano Soutullo

45: Alfombra de La Giralda

Esta alfombra realizase dende hai máis de un século; ao longo dos anos, moitos foron os seus desenamores, como “Nolo, Nolito, Cesar, Mitos, Alfonso, Miguel”, pero destacar ás persoas sin as que no seria posible a realización da mesma, persoas anónimas que realizan a búsqueda, recollida e desfolle dos materiais.

Na actualidade a alfombra que se realiza ten unhas dimensións que superan os 900 metros cadrados.
Dende o ano 1991 realizan o engalanamento de todos os balcóns da rúa.


Más sobre Alfombra de La Giralda

46: Cruceiro de San Gregorio

O Cruceiro de San Gregorio é un tramo diferente no percorrido das alfombras. Enfrente ao remate da Costa de San Roque, e sobre un monticulo vexetal, álzase un cruceiro feito de fiuncho e adornado con follas de palmera. Ao seu lado un altar onde a procesión fai a segunda parada litúrgica trala parada no altar da Praza Maior. Ate os anos oitenta no altar do Cruceiro, co seu monticulo que representa o Monte Calvario, 3 rapazas interpretaban ás 3 Marías (Virxe María, María Magdalena e María Cleofás) que acompañaban a Cristo. Na actualidade xunto ao Cruceiro hai duas rapazas vestidas de anxos.

O mais curioso deste Cruceiro vexetal son os animais que cada ano Manuel Vaqueiro se encarga de achegar, adornando o Calvario con niños de páxaros, culebras ou lagartos.
 
Ao igual que o tramo de Ferreiros I, este Cruceiro ten a súa orixe na Rúa de Abaixo, xa que ate os anos sesenta, cruceiro e altar se montaban no medio da estrada xeral, xunto ao Rincón da Praza Vella, na altura do cruce que vai ao centro de saúde. 
Na elaboración deste cruceiro traballan Manuel Vaqueiro, Segundo Couñago “Ditolas” y Juan Bautista Otero “Tista”.


Más sobre Cruceiro de San Gregorio

Comentarios

comments powered by Disqus