Alfombra da Rúa dos Ferreiros (2º Tramo) - Corpus Christi Ponteareas Zonas de Aparcamento en Ponteareas en Corpus Christi Servicios Municipais de Ponteareas Zonas pechadas ao tráfico en Ponteareas en Corpus Ch... Alfombras do Corpus Christi de Ponteareas (sitios de interés)

Descripción del sitio

Dos mais antigos tramos de alfombras do Corpus é o da rúa dos Ferreiros antes chamada Gabino Bugallal. A fotografía mais antiga que se conserva dunha alfombra do Corpus de Ponteareas é unha foto deste tramo de 1912. 

Antes confeccionábase un só tramo que iba dende o inicio da Costa de San Gregorio ate o Baratillo. Os traballos de desfolle facíanse en 3 portais: o de Pilarucha, o de Leandro e o de Piñeiro e neles participaban mais xente que na actualidade, e tamén o traballo era maior non só polo tamaño da alfombra senón polo uso de materiais que requiren maior preparación como o fiuncho, hoxe sustituido polas cocas do eucalipto. 

Os veciños da calle de Abaixo facían a súa alfombra na propia nacional 120, ate que nos anos 60, co aumento do tráfico na estrada, este tramo trasladouse ao primeiro tramo da Rúa dos Ferreiros, reducindo así o antigo tramo de Gabino Bugallal. Polo extremo do Baratillo foron aparecendo tamén novas alfombras. O tramo de Montenegro, da Pilarucha e as de Anita, traballa hoxe nun portal frente a baixada para San Roque, aproximadamente no punto medio do percorrido da alfombra.

O deseño desta alfombra estivo en mans e no arte dos Montenegro. As persoas mais maiores do portal recordan dende que teñen memoria, facer o deseño a Emilio Montenegro que diseñou as alfombras ate mediados dos anos 70. Xa o seu pai deseñaba as alfombras dos Ferreiros, e cando Emilio finou tamén o seu fillo deseñou alfombras. Logo outros deseñadores como Miguel Gayo ou Julio “Varillas” tomaron o relevo.

Mapa del lugar de interés Alfombra da Rúa dos Ferreiros (2º Tramo)

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de Alfombra da Rúa dos Ferreiros (2º Tramo), con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado