Alfombra da rúa Doutor Fernández de la Vega (2º Tramo) - Corpus Christi Ponteareas Zonas de Aparcamento en Ponteareas en Corpus Christi Servicios Municipais de Ponteareas Zonas pechadas ao tráfico en Ponteareas en Corpus Ch... Alfombras do Corpus Christi de Ponteareas (sitios de interés)

Descripción del sitio

No Cantón de Boavista, entre o recanto que formaban o Baratillo e a Praza da Arxentina e até a antiga Praza de Abastos, en paralelo aos predios de Garra, sitúabase o tramo de rúa da antiga estrada a Salvaterra (actualmente adicada ao Doutor Fernández de la Vega).
 
Entre os anos corenta e sesenta, alleo por completo as edificacións, unicamente salientaba a Tenda Nova ou Casa Pepe da familia Álvarez-Cid. Daquelas, a procesión do Corpus remataba o seu paseo floral nos Ferreiros e non volvía recuperalo até a Castiñeira. No entanto, o bo costume da Casa Pepe por convidar aos alfombristas dos Ferreiros posibilitou, en acción de agradecemento, que estos, de xeito espontáneo e na última hora, alfombraran o referido tramo máis dunha vez con cargo o material sobrante. Contodo non callou nunca a tradición pola falla de veciños.
 
Xa na altura do ano 1977, logo de pechada actividade de vodas da Casa Pepe, os seus herdeiros axúntanse aos veciños da Praza da Arxentina (Familias Figueiras, Pérez Pardo, Castrodeza, entre outras), para dar en consolidar a alfombra de xeito permanente.
 
Caracterizada sempre por un planeamento preciso que abordaba en apenas unha semana o acopio do material e o seu desfollado, xa dende un primeiro intre salientou polo barroquismo do seu deseño e a coidada cadencia da súa combinación de cores; abríndose, así mesmo, a novas experiencias con aportación de materiais até daquela innovadores: perfilado exclusivo con árnica, adornos de árnica tinguida, de  flores enteiras e mesmo ramallos, ou un uso de casca de piñeiro moída para os fondos, fuxindo do mirto e da mimosa.
 
Coas edificacións de finais dos anos setenta e dos oitenta consolidáronse novos veciños na rúa, permitindo unha mellora na elaboración da alfombra, a cada con máis carga de traballo miudo e deseños exquisitos.
 
Xa coa chegada do novo século, unha nova xeración de veciños tomou a alternativa para principiar unha nova etapa, co protagonismo da familia González Solla, realizando os deseños Chus, Mª Carmen e colaboradores de dentro e fora da rúa.

Mapa del lugar de interés Alfombra da rúa Doutor Fernández de la Vega (2º Tramo)

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de Alfombra da rúa Doutor Fernández de la Vega (2º Tramo), con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado