Alfombra da Rúa dos Ferreiros (1º Tramo) - Corpus Christi Ponteareas Zonas de Aparcamento en Ponteareas en Corpus Christi Servicios Municipais de Ponteareas Zonas pechadas ao tráfico en Ponteareas en Corpus Ch... Alfombras do Corpus Christi de Ponteareas (sitios de interés)

Descripción del sitio

Antigamente, a procesión do Corpus despois de baixala Costa de San Gregorio continuaba cara a fonte e ata un altar e o cruceiro na Rúa Real, ou estrada nacional, a altura do cruce do Centro de Saúde. Os alfombristas da Calle de Abaixo elaboraban o tramo da xeral, que durante un tempo era alfombrado únicamente os laterais para deixar pasar o tráfico, e maila subida inicial da Rúa dos ferreiros ata o cruce coa Costa de San Gregorio.

Co aumento do tráfico na xeral, nos anos sesenta deixouse de facer o tramo e a procesión cambiou o percorrido, baixando pola Costa e trala parada no altar do Cruceiro de San Gregorio virando á esquerda e .subindo os Ferreiros. Os veciños da Calle de Abaixo pasaron a realizar o primeiro tramo da Rúa dos Ferreiros. Este tramo víñase facendo dende os orixes do Corpus, e consérvanse fotografías datadas no principio do século XX que recollen a tradición de facer as alfombras con palla coloreada.

Os actuais alfombristas esméranse en facer unha das alfombras mais traballadas e fermosas, enriquecendo os deseños con sombreados e detalles a base de pequenas sementes de varias cores ou con material seco e moi picado. Ademais, nos seus deseños intentan non repitir motivos dentro da mesma alfombra, facendo varios debuxos diferentes. Así, a do ano pasado, adicada ao Xacobeo, representaban unha Cruz de Santiago, un botafumeiro, un racimo de uvas, facendo variada unha alfombra que alcanza os oitenta metros de longo.

Mapa del lugar de interés Alfombra da Rúa dos Ferreiros (1º Tramo)

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de Alfombra da Rúa dos Ferreiros (1º Tramo), con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado