TREBOEDO, SANTA COMBA DE - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

Igrexa románica de unha soa nave e cabeceira semicircular precedida por tramo recto. Igrexa integramente románica con engadido posterior no muro sur que impide a visión de parte da cabeceira. A fachada do poñente presenta a característica distribución da zona: Enmarcado por dous contrafortes: portada abucinada (de tres arquivoltas baquetonadas, a chambrana decorada con franxa de billetes. Tres pares de columnas con variados capiteis: dous vexetais e un animal -aves- a dereita e vexetais os da dereita. Curioso o tímpano lobulado que presenta especie de cruz inscrita e suxeito por dúas mochetas); o tornachoivas con cinco canzorros e métopas decoradas; e finalmente unha simple saeteira. Cerra o conxunto o campanario. O muro norte, con cornixa suxeita por simples canzorros, presenta una curiosa porta con tímpano decorado con tres cruces e sobre mochetas lisas, arquivolta baquetonada e chambrama de billetes. Na nave chaman a atención cinco contrafortes nos muros norte e sur. O testeiro está composto por un tramo recto rematado por un semicirco, interesantes canzorros e as tres fiestras que se sitúan no tramo semicircular.

Mapa del lugar de interés TREBOEDO, SANTA COMBA DE

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de TREBOEDO, SANTA COMBA DE, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado