ESPOSENDE, SANTA MARÍA DE - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

Interesante exemplar de románico rural tardío. Mantén integra, con reformas, a primitiva estrutura dunha soa nave e cabeceira rectangular. No muro norte engádeselle unha dependencia onde aparece unha inscrición con letras gotizantes e interesantes modillóns: dúas imaxes de gaiteiros, un anxo tocando a frauta, a imaxe de home con barril ou instrumento de vento son algunhas das pezas máis sobresaíntes. Polo que respecta á fachada principal, presenta a mesma estrutura que moitas das igrexas da zona: portada abucinada de arquivolta sinxela sobre imposta decorada. No centro tímpano con cruz. Enmarcando a portada os característicos contrafortes. Os aleiros da nave e a cabeceira sostéñense en canzorros con diferentes iconografías. A cabeceira ten o piñón rematado por antefixa

Mapa del lugar de interés ESPOSENDE, SANTA MARÍA DE

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de ESPOSENDE, SANTA MARÍA DE, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado