Zona "C" - Actuacións BNG - Compostela 2007-2011 (sitios de interés)

Descripción del sitio

Espazo alternativo e polivalente, de creación múltiple aberto ao público o 13 de marzo do ano 2007. Ao longo destes catro anos converteuse nun referente para os artistas máis novos e arriscados. As intervencións que se realizan neste espazo constitúen na maioría dos casos a primeira oportunidade de abordaxe dun traballo artístico individual por parte dun artista e atendendo á totalidade do proceso creativo, desde o momento da ideación da peza até a meterialización e confrontación directa co público.

Desde o ano 2009 a Concellaría de Cultura estableceu un convenio de colaboración co Máster de Arte e Museoloxía da Facultade de Historia da USC e realízase unha práctica profesional ao ano no que intervén un artista e un comisario/a matriculados neste mestrado. 

Mapa del lugar de interés Zona "C"

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de Zona

Mapas de contenido relacionado