Consolidación da Rede de Cooperación Local - Actuacións BNG - Compostela 2007-2011 (sitios de interés)

Descripción del sitio

  1. Consolidación da Rede de Cooperación Local: A concellaría de Promoción Económica puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como marco de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do noso tecido industrial a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago. Partimos da idea de que a cooperación entre as entidades que conforman o tecido empresarial compostelá facilita a xeración e incorporación de coñecementos para dar resposta aos retos e problemas do sector, permitindo as nosas empresas acadar unha mellor posición de competitividade nunha economía cada vez máis globalizada.  Por iso organizamos distintos encontros empresariais, actividades formativas e implementamos novas ferramentas web que nos permiten crear espazos físicos e virtuais de auto-coñecemento e promoción das nosas institucións e empresas. Nas actividades organizadas no ano 2009 participaron case 400 persoas e no ano 2010 máis de 1000 persoas.

As actividades da Rede de Cooperación Local baséanse nas conclusións do Estudo do sector industrial de Santiago de Compostela no que se ofrece unha radiografía do tecido empresarial compostelá. Publicado en 2008, supón un avance no coñecemento do noso tecido empresarial e industrial, necesario para definir as suas carencias e as súas potencialidades de cara ao interior (para que as empresas se coñezan entre elas e os recursos de que dispoñen a hora de establecer negocios) e de cara ao exterior (para futuros inversores). Contén información sobre o tecido produtivo do Concello de Santiago, definindo o mapa industrial de Compostela e as características básicas do territorio empresarial. Inclúe unha completa cartografía e unha diagnose da oferta formativa que existe actualmente e dos perfís profesionais demandados polas empresas.

Ao mesmo que tempo que este estudo tamén se realizou un Estudo Técnico  para a adaptación do Plan Parcial Urbanístico do Polígono Industrial do Tambre ó novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiago, que se traduce hoxe nun cambio normativo que benficia ás empresas de Compostela. 

Mapa del lugar de interés Consolidación da Rede de Cooperación Local

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de Consolidación da Rede de Cooperación Local, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado