As viaxes da Familia. Aventuras e desventuras duns galdrumeiros polo mundo


0: Rua de Zamora, 60
Ver detalle
1: Camino Means
Ver detalle
2: Mar da Galicia - 1º/"La del pulpo!"
Ver detalle
3: Venecia. 2º/ Canelons de cogumelos e foie
Ver detalle
4: Kabul. 3º/ Quabili Pilcu
Ver detalle
5: Ürümqi, Xinjiang. 4º/ Verduras que veñen do frío
Ver detalle
6: Gobi-Altái. 5º/ Ovo cociñado por frío
Ver detalle
7: Pekín. 6º/ Vieiras, con manteiga, lima, e salsa de ostras
Ver detalle
8: Shangai. 7º/ Presa ibérica, polvo de codias e cola
Ver detalle
9: Hanoi, Vietnam. 8º/ Peixe Sapo, albariño e caviar cítrico
Ver detalle
10: Goa, India. 9º/ Lassi de Lima e Menta
Ver detalle
11: Vaticano. 10º/ Ravioli de confit de Pato
Ver detalle
12: Pedrafita do Cebreiro. 11º/ Solombo de porco Celta, con puré de castañas e migas de pan de broa
Ver detalle


Lugares de interés (POIs) del Mapa

0: Rua de Zamora, 60

É aqui, onde comezará a nosa viaxe. É aqui donde comezaron todas as nosas viaxes. É aqui onde, tamén, sempre vimos a rematalas e facer memoria. É aqui onde, para algún de nós, comeza esa memoria. É aqui onde agromou a semente das lembranzas. É aquí de onde parten tres dos galdrumeiros, coa vista o Norte, ó Morrazo.


Más sobre Rua de Zamora, 60

1: Camino Means

Chegan os Galdrumeiros a terra de pescadores, de mareñeiros, terra de viaxeiros que non de turistas. E únese a eles a Casa de Loira. Únese a esta pequena odisea culinaria


Más sobre Camino Means

2: Mar da Galicia - 1º/"La del pulpo!"

Duro, orgulloso, altivo, máis sempre soporte da vida nás rías, xeneroso, amable e incriblemente bonito.....
Será nas rochas que pechan a ría de Aldán, onde os nosos galdrumeiros darán conta do primeiro grande perigo, o abaterse sobre a sua embarcación, un poderoso polvo, un Kraken mitolóxico o que vencerán, non sin presentar o cefalopodo ardua batalla.


Más sobre Mar da Galicia - 1º/"La del pulpo!"

3: Venecia. 2º/ Canelons de cogumelos e foie

Tras días de camiño e atravesares a Península Ibérica, terra de foraxidos, de cordeiro e fariña, como dixo Montalbán, e evitar as agarimosas e suculentas terras do Sul da Francia, chegan os nosos galdrumeiros a Venecia, para conseguiren o favor do Ducce, e partir na busca da gloria. Para elo, cociñan o modo da corte uns cogumelos máxicos recollidos no camiño.....


Más sobre Venecia. 2º/ Canelons de cogumelos e foie

4: Kabul. 3º/ Quabili Pilcu

O Ducce, encantado e seducido polos cogumelos máxicos, cedelle o noso grupo un navío, co que se trasladan cara o Oriente Próximo. Nada máis poñer pé a terra, son raptados por unha caravano de Señores da Guerra, que os levan, prisioneiros, a cidade de Kabul, centro neuralxico do comercio por terra con Oriente. Alí, detidos, sobreviven gracias a xenerosidade dun dos seus captores y vixiante, que comparte con eles a sua comida


Más sobre Kabul. 3º/ Quabili Pilcu

5: Ürümqi, Xinjiang. 4º/ Verduras que veñen do frío

Nun despiste, e gracias a axuda do seu mantedor, logran fuxir, cara a estepa do centro de Asia..... Son longos e duros días, no iverno, sen rumbo, sen comida, alimentandose de herbas, prantas e froitos que atopan na xeada superficie da tundra, ata que ven, o lonxe unha cidade....


Más sobre Ürümqi, Xinjiang. 4º/ Verduras que veñen do frío

6: Gobi-Altái. 5º/ Ovo cociñado por frío

China é o obxectivo, e cara alí, cara o Este, continuan os nosos viaxeiros, en penosas condicións. Pero deciden seguir o camiño máis corto, o camiño mais directo, atravesando o deserto do Gobi.... De novo, as herbas salvaxes do chan, e os ovos dunha especia descoñecida xeados, son o sustento dos galdrumeiros, nos que a moral empeza a caer.....


Más sobre Gobi-Altái. 5º/ Ovo cociñado por frío

7: Pekín. 6º/ Vieiras, con manteiga, lima, e salsa de ostras

Será unha caravana do deserto a que atope os nosos aventureriros, e, case mortos os traslade a Capital do Imperio Chino, A Pekín, a presenza do mesmisimo emperador.
Mentres aprenden, miran, observan e recoñecen moitos dos productos da sua terra, nos que os chinos utilizan a diario.... Novas preparación para vellos coñecidos....


Más sobre Pekín. 6º/ Vieiras, con manteiga, lima, e salsa de ostras

8: Shangai. 7º/ Presa ibérica, polvo de codias e cola

Tras deleitar o emperador, este decide levalos a outra das garndes cidades da China, para mostrar a sua arte na cociña. Alí voltarán a combinar elementos propios das suas latitudes, xunto con novas aportacions, tratando de mante-lo favor da corte....


Más sobre Shangai. 7º/ Presa ibérica, polvo de codias e cola

9: Hanoi, Vietnam. 8º/ Peixe Sapo, albariño e caviar cítrico

Cansos da vida na Corte, e deseosos de voltar a descubrir novos paises e novos pobos, deciden marchar o suroeste, seguinda a lenda que conta que un pais creado por dragón podese atopar nese roteiro....
Así chegan a Hanoi, tras pasar Ha-Long, e maravillarse polos dentes do dragon esparcidos polo bahía. Alí coñecen a un pescador, que lles ensina, na casa, a cociñar un peixe ben feo, xunto con froitos nunca vistos e uvas que achegan a mesa a morriña....


Más sobre Hanoi, Vietnam. 8º/ Peixe Sapo, albariño e caviar cítrico

10: Goa, India. 9º/ Lassi de Lima e Menta

É a morria, a que os leva a decidir que é a hora de voltar a casa..... Será un navío que busca as especies da India, o que os levará as Praias de Goa, onde repousarán, para voltar a vella Europa


Más sobre Goa, India. 9º/ Lassi de Lima e Menta

11: Vaticano. 10º/ Ravioli de confit de Pato

Longuísima e durísima a viaxe que traerá de volta a Europa os galdrumeiros... é como era costume, paran no Vaticano a agasallar o Papa e nobres vaticanos con presentes traidos das terras de Oriente.... Alí, impresionados, tratanos coma heroes, e a pitanza é pantagruelica.....


Más sobre Vaticano. 10º/ Ravioli de confit de Pato

12: Pedrafita do Cebreiro. 11º/ Solombo de porco Celta, con puré de castañas e migas de pan de broa

É a hermosura do camiño... e saber que voltan a casa... o último tramo faise máis doado, faise sorrindo, e é cando atravesan polo camiño polo que moitos máis xa chegaran a Galicia, cando divisan a hermosura do interior do pais, dos mares das rías o mar de soutos, fragas, carballeiras e devesas que se divisan dende o Cebreiro. Alí, descobren que é a viaxe a que merece a pena, non o destino.... e saben tamén que a maxia está no oeste, na terra da fin do mundo..... na casa.....


Más sobre Pedrafita do Cebreiro. 11º/ Solombo de porco Celta, con puré de castañas e migas de pan de broa

Comentarios

comments powered by Disqus