Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Courel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza, a nosa cualidade de vida, a das xeracións vindeiras e mesmo ó planeta.


0: Pontedeume
Ver detalle
1: As Pontes
Ver detalle
2: Mina de As Pontes
Ver detalle
3: mugardos
Ver detalle
4: Serpentinas de Melide "concentradas"
Ver detalle
5: Canteira de Rande (Ortigueira)
Ver detalle
6: Cies: Ampliación do peirao de Rodas
Ver detalle
7: O Mar
Ver detalle
8: Monteferro
Ver detalle
9: Porto deportivo de Canido
Ver detalle
10: Depuradora do Lagares
Ver detalle
11: Bouzas
Ver detalle
12: A Laxe
Ver detalle
13: Teis: Porto deportivo ilegal e depuradore deficitaria
Ver detalle
14: Chapela
Ver detalle
15: Rande
Ver detalle
16: Redondela
Ver detalle
17: Arcade
Ver detalle
18: Vilaboa
Ver detalle
19: Domaio
Ver detalle
20: Moaña
Ver detalle
21: Cangas
Ver detalle
22: O Courel
Ver detalle
23: Ortigueira. Parque- Mar
Ver detalle
24: Ortigueira PXOM
Ver detalle
25: Barreiros
Ver detalle
26: Foz
Ver detalle
27: San Cibrao (Cervo)
Ver detalle
28: Valdoviño
Ver detalle
29: Central de Meirama
Ver detalle
30: Miño
Ver detalle
31: Sanxenxo
Ver detalle
32: Pontevedra (ENCE)
Ver detalle
33: Muras
Ver detalle
34: deterioro da Marisma de Baixoi e a Praia Grande de Miño pola presión urbanística
Ver detalle
35: Campo de Cotaredo
Ver detalle
36: Serra do Xistral
Ver detalle
37: Ria de Arousa
Ver detalle
38: Carballeda de Avia
Ver detalle
39: Merexo
Ver detalle
40: Quilmas
Ver detalle
41: Corrubedo
Ver detalle
42: Parques eólicos Muxía I e Muxía II
Ver detalle
43: Camelle
Ver detalle
44: Fisterra
Ver detalle
45: Fragas do Eume
Ver detalle
46: Seiruga
Ver detalle
47: Porto do Son
Ver detalle
48: Pena Trevinca
Ver detalle
49: SOGAMA
Ver detalle
50: Canteira de Lombao (Ortigueira)
Ver detalle
51: Cerquido
Ver detalle
52: Parque Rosalía
Ver detalle
53: Sobreirais do Arnego
Ver detalle


Lugares de interés (POIs) del Mapa

0: Pontedeume

2007-11-20_img_2007-11-13_084118_20f1.jpGraves problemas urbanísticos. Máis de 200 vivendas están marcadas con algún expediente sancionador. Os promotores pretenden triplicar o chan urbanizábel no novo PXOM, cando o crecemento vexetativo da poboación é negativo
Fusquenlla


Más sobre Pontedeume

1: As Pontes

as_pontes_central_termica_endesa590.jpg
Unha das centras máis contaminantes de Europa


Más sobre As Pontes

2: Mina de As Pontes

mina_as_pontes.jpg
Oco da mina da que se extrouxo o lignito que mantivo a central de As Pontes. Esgotado este, a empresa decide encher o oco para facer un gran lago artificial, utilizando as augas do río Eume. De realizarse este proxecto, tanto o río como o Parque Natural das Fragas do Eume correrían serio perigo


Más sobre Mina de As Pontes

3: mugardos

fotolavoz.jpg
Un auténtico polvorín na ría de ferrol: a planta de gas de Reganosa.


Más sobre mugardos

4: Serpentinas de Melide "concentradas"

mato-cortado-para-plantacion.jpgUn dos puntos de maior interese botánico da Península está a ser destruido por un parque empresarial en crecemento, un parque eólico e sobre todo polas concentracións parcelarias e transformación dos terreos para pasteiros e o cultivo de piñeiros e EUCALIPTOS! A zona sur das serpentinas (Barazón) foi incluída no Banco de Terras xunto con outras terras que sí son fértiles.


Más sobre Serpentinas de Melide "concentradas"

5: Canteira de Rande (Ortigueira)

entullo-e-fraga-2.jpg


Debaixo deste entullo atópase a fraga de ribeira e mais a canle do rio Esteiro, que perde o seu curso soterrado baixo os refugallos de lousa que tamén contaminan as súas augas. A canteira de Rande están a ocasionar enormes danos no río e o seu entorno coa complicidade das autoridades medioambientais, que ignoran as denuncias.


Más sobre Canteira de Rande (Ortigueira)

6: Cies: Ampliación do peirao de Rodas

Cies: Parque nacional das Illas atlánticas: Información aquí


Más sobre Cies: Ampliación do peirao de Rodas

7: O Mar

A Ría de Vigo é unha unidade funcional físico biolóxica (Coma quen di, un ser vivo. O longo deste artigo, axudados por gráficas e animacións, veremos como respira, como se move, como palpita, como se renova. Información aquí


Más sobre O Mar

8: Monteferro

Monteferro, o PXOM de Nigrán e a Foz do Miñor: Información aquí:


Más sobre Monteferro

9: Porto deportivo de Canido

Canido: Porto deportivo: Información aquí


Más sobre Porto deportivo de Canido

10: Depuradora do Lagares

Depuradora do lagares: Verte ó río cada segundo 900 litros de augas residuais sen tratar: Información aquí:


Más sobre Depuradora do Lagares

11: Bouzas

Bouzas: Amplación do recheo: Información aquí:


Más sobre Bouzas

13: Teis: Porto deportivo ilegal e depuradore deficitaria

Teis: Información aquí


Más sobre Teis: Porto deportivo ilegal e depuradore deficitaria

14: Chapela

Chapela: Aterramentos de Frioya, Pescanova a Aucosa: Información aquí


Más sobre Chapela

16: Redondela

Redondela: Outra depuradora inútil, e van... Información aquí:


Más sobre Redondela

17: Arcade

Arcade: Contaminación por Chumbo e depuradora deficiciente. Información aquí


Más sobre Arcade

18: Vilaboa

Vilaboa: Connorsa e depuradora deficitaria: Información aquí


Más sobre Vilaboa

19: Domaio

Domaio: Varaderos Domaio e Fandicosta: Información aquí


Más sobre Domaio

20: Moaña

Moaña: PAXOM aniquilador e depuradora deficitaria. Información aquí


Más sobre Moaña

21: Cangas

Cangas: Porto deportivo de luxo e depuradora deficitaria: Información aquí.


Más sobre Cangas

22: O Courel

courel0141.jpg
Canteira da Campa: A Xunta legalizou no 2007 esta canteira despois de 20 anos funcionando sen autorización e cunha orde de paralización dende 2002. Outras 26 concesións de mineiras a ceo aberto están a provocar, ante a indiferencia das autoridades ambientais enormes danos nun Espacio Natural e protexido na Rede Natura, un dos lugares con maior biodiversidade de Europa, ateigado de hábitats e especies protexidas. GNSV reclama o  recoñecemento integral do Courel como Parque Natural e a paralización deste proceso que ameaza con destruír de xeito irreversible unha das paisaxes mais singulares do País.


Más sobre O Courel

23: Ortigueira. Parque- Mar

parquemar-obras.jpg

 
Parque-Mar: Esta urbanización de 67 vivendas estase a construír na zona de protección do castro Campo da Torre vulnerando o planeamento urbanístico. As autoridades de Urbanismo teñen coñecemento desto desde o inicio da obra, permitindo ata o momento o seu progreso. Tampouco Patrimonio esixe a súa paralización pese a non ter emitido o informe preceptivo para que o Concello outorgara a licencia.


Más sobre Ortigueira. Parque- Mar

24: Ortigueira PXOM

PXOM: O Concello de Ortigueira presentou en trámite de avaliación inicial un novo planeamento que, de aprobarse, permitiría construír, nun municipio con decrecemento demográfico, 5400 vivendas en oito anos, e a urbanización de grandes extensións de zonas rurais, moitas nos primeiros 500 metros de costa incluídas na Rede Natura.


Más sobre Ortigueira PXOM

25: Barreiros


Barreiros é un dos municipios da Mariña mais afectados pola cobiza dos promotores e o urbanismo descontrolado. Cun censo de uns 3.800 habitantes, no 2006 tramitou mais de 6000 vivendas sen garantía algunha de dispoñibilidade de servicios urbanos. Esta situación obligou á Dirección Xeral de Urbanismo a intervir para suspender as normas de planeamento urbanistico e anular 345 licencias ilegais.


Más sobre Barreiros

26: Foz

Foz é outro municipio ameazado pola febre constructora e o crecemento urbanístico desordenado, insustentable e salvaxe. O concello outorgou licencias en 2006 para 3.600 vivendas. Un dia antes de ser suspendido o planeamento urbanístico pola Xunta, o alcalde deu licencia para construír 1.343 vivendas.


Más sobre Foz

27: San Cibrao (Cervo)

O desorden urbanístico provoca danos irreparables no Patrimonio. Neste concello está sendo posible edificar sobre un castro inventariado: O Castro da Atalaia, a 30 metros escasos do mar. O concello permitiu a desfeita de gran parte do xacemento a pesar de existir unha orde de paralización de Patrimonio. As obras continúan e parte dos restos arqueolóxicos se atopan nas escombreiras.


Más sobre San Cibrao (Cervo)

28: Valdoviño

O Concello deu permiso para construír unha urbanización de 17 chalés en A Frouxeira, a poucos metros do mar, no contorno inmediato dun castro e nunha zona de importancia medioambiental incluída na Rede Natura 2000 (zona LIC e RAMSAR). Non se pode ter maior deleixo polo patrimonio natural e cultural.


Más sobre Valdoviño

29: Central de Meirama

fenosa_central_termica_de_meirama06_320.Central térmica de UNIÓN FENOSA que, como a das Pontes, se abastecerá a partir deste ano só con carbón de importación. En 2006, emitiu case 4 millóns de toneladas de dióxido de carbono, o principal gas causante do cambio climático. Ademais é un importante foco de contaminación atmosférica (partículas, óxidos de nitróxeno, dióxido de xofre,...).


Más sobre Central de Meirama

30: Miño

 


Miño “Costa Anácara”: Posiblemente a maior aberración urbanística do país. Mais de 1300 vivendas construídas pola promotora Fadesa Inmobiliaria, sen depuradora nin rede propia de abastecemento de augas, que duplicará a poboación de Miño en temporada estival. O Concello de Miño ten unha sentenza do TSXG en contra da irregular adxudicación dos mais de un millón de metros cadrados de solo forestal onde se ubica a macrourbanización. Os ecoloxistas denuncian a contaminación por lodos dos bancos marisqueiros que provocan agora as obras e o enorme volume verquidos fecais sen depurar que vai supoñer a urbanización.


Más sobre Miño

31: Sanxenxo

Prototipo de crecemento urbanístico salvaxe e de especulación vinculada a construcción de vivendas de segunda residencia. O Concello aprobou en 2003 un PXOM que vai a permitir a construcción de mais de 11.000 novas vivendas.Delas, 2400 xa están xa en obras, a metade a menos de 100 metros do mar, o resto case por completo na franxa litoral dos 500 metros e invadindo zonas forestais e de gran valor paisaxístico como Punta Festiñanzo.


Más sobre Sanxenxo

32: Pontevedra (ENCE)

172682554_1098a1109c.jpg

ENCE: O complexo papeleiro é unha das industrias mais contaminantes e perniciosas do país. As instalacións de Lourizán estan a provocar serios prexuízos sobre a saúde e a calidade de vida dos pontevedres, En 2002 foi condenada por delicto ecolóxico polos verquidos contaminantes á ría, e xunto coa sua filial NORFOR é responsable da imposición do nefasto modelo forestal que extendeu o monocultivo de eucalipto por toda a comunidade.   


Más sobre Pontevedra (ENCE)

33: Muras

cuarcita.jpg
Canteira Angelita: Foi obxecto de trato de favor polo anterior goberno da Xunta ao excluír, estando proposta,a zona onde se ubica da Rede Natura 2000, e ao permitir que comezase a súa explotación sen autorización da Xunta nen licencia municipal, das que aínda carece. Tamén se permitiu que a canteira saíse fora das zonas de explotación que tiña delimitadas e invadise terreos incluídos no LIC Serra do Xistral, no que se atopan habitats prioritarios que a Directiva Europea considera en perigo de desaparición. A pesar desta situación de ilegalidade, a empresa que explota a canteira obtivo un millonario contrato da Xunta para proveer a Cidade da Cultura.  


Más sobre Muras

34: deterioro da Marisma de Baixoi e a Praia Grande de Miño pola presión urbanística

Distintas infraestruturas, instalacións e urbanizacións ameazan de xeito moi grave a integridade deste espazo natural esquecido, carente dunha figura de protección especial de ámbito galego; pois só está "protexido" polo Plano Xeral de Ordenamento Municipal de Miño.
Saber máis


Más sobre deterioro da Marisma de Baixoi e a Praia Grande de Miño pola presión urbanística

35: Campo de Cotaredo

O Campo de Cotaredo é un espazo situado en pleno centro de Compostela que contacon valores patrimoniais (alberga unha aldea, Cotaredo, alénde varias casas, fornos e hórreos) e naturais (cunha mesturade diferentes hábitats: bosque de ribeira, hortas abandonadashai poucos anos, prados e leiras organizadas en socalcos,...) que está a piques de desaparecer para constrúir vivendas e un "parque". a destrución innecesaria dun espazoverde, salvaxe e natural.  Unha destrución nnecesaria porque nun concello con 8.000vivendas baleiras (datos do INE) a prioridade (desde un punto devista ambiental e social) debe ser poñer en uso esasvivendas e protexer os anacos de biodiversidade que aíndaperviven na cidade.
Saber máis


Más sobre Campo de Cotaredo

36: Serra do Xistral

A Serra do Xistral é un dos espazos de montaña máis valiosos de Galiza, está catalogado como LIC e incluído na Rede Natura. Os 27 parques eólicos construídos neste espacio provocaron ademais de danos na paisaxe e no seu rico patrimonio arqueolóxico, unha seria degradación nun dos mais  singulares ecosistemas de Europa; as turbeiras activas de cobertor, declaradas “hábitats naturais prioritarios” pola Unión Europea.
Ver video


Más sobre Serra do Xistral

37: Ria de Arousa

Tamén a Ría de Arousa evidencia un deterioro continuado. A perda de calidade das augas e o meio mariño xa ten chegado a traducirse en importante disminución de produtividade (nomeadamente a marisqueira) ou en falta de calidade sanitária do meio e dos produtos (incremento de Zonas C). Os vertidos que se realizan aos rios Ulla e Úmia (ocupación das marxes fluviais, canalizacións, a prática da agricultura química, verquidos industriais) constituen unha das principais achegas de contaminantes ás rias, pero hoxe a presencia de restos fecais é un dos marcadores que mellor determinan o preocupante nivel de contaminación da ría. O problema non só é por falta de depuradoras: Os motivos da degradación do medio son o crecemento urbanístico excesivo, a actividade turística e industrial e as infraestructuras realizadas sen unha planificación racional e respectuosa cos hábitats e ciclos. De continuar o mesmo modelo económico e a falla de planificación territorial, é previsible un agravamento do deterioro de consecuencias inavaliables.


Más sobre Ria de Arousa

38: Carballeda de Avia

Futuro macroparque de tratamento de refugallos do sur galego( mal chamado parque medioambiental de Carballeda de Avia ). Esta ubicado entre Ribadavia ( a menos de 2 Km ) e Carballeda de Avia , o pe da A-52 e o regato de maquias.


Más sobre Carballeda de Avia

39: Merexo

merexof.jpg

 Pequeno pobo tradicional e pesqueiro nun entorno idílico que  vai ser completamente rodeado polos 270.000 metros cuadrados de plástico que ocupará a ampliación da piscifactoría da multinacional Stolt Sea Farm. A instalación proxectada agrede ferozmente o entorno natural e o espacio humano no que este se integra harmónicamente, afectando ás actividades tradicionais e a calidade de vida das xentes que o habitan. A administracción se propón alterar para sempre a vida dos veciños de Merexo en nome dos intereses dunha multinacional,  desoíndo implacablemente as suas protestas. 
 Mais 

 


Más sobre Merexo

40: Quilmas

0223990001186587565-imaxe-das-instalacio

O novo Plan de Acuicultura presentado pola Conselleria de Pesca, prevé unha ampliación da piscifactoría da empresa Solt Farm que vai ocupar un espacio de alto valor ecolóxico excluído sen razón dos espacios protexidos da Rede Natura que o rodean, e que de seguir funcionando como ata agora, verterá medio millón de metros cúbicos de augas contaminadas ao mar. A pequena poboación de Quilmas, unha xoia etnográfica en si mesma, vaise ver afogada por 240.000 metros cadrados de cemento que deshumanizarán o seu entorno e ferirán duramente a magnífica paisaxe. Mais   


Más sobre Quilmas

41: Corrubedo

7cuerpo_7096.jpg

O Parque de Tecnoloxía Alimentaria mais grande de Galicia (308.000 metros cadrados) vai  ser instalado na zona do Corgo do Cabo Corrubedo, excluído para ese fin do LIC Complexo Húmido de Corrubedo (Natura 2000). Unha paisaxe ate agora incólume, un dos espazos de mais alto valor ambiental e a riqueza pesqueira e marisqueira dun lugar ata o momento explotado de xeito respectuoso e sustentable van a ser irreversiblemente degradados por instalacións moi contaminantes e de enorme impacto visual.


Más sobre Corrubedo

42: Parques eólicos Muxía I e Muxía II

muxia1.jpg
Un litoral acosado: Soportou a catastrófica marea negra do Prestige e logo librouse dunha macropiscifactoría de que se proxectaba instalar en Cabo Touriñán, porque se considerou unha instalación impensable nun dos nosos espazos emblemáticos; pero isto non é obstáculo para que agora, o mesmo goberno considere viable a instalación de dous agresivos parques eólicos: 76 aeroxeneradores ao longo dos 10 Km que van de cabo Touriñán ate Muxía ameazando unha das paisaxes mais valiosas da xeografía galega 


Más sobre Parques eólicos Muxía I e Muxía II

43: Camelle

camelleGranCoido.jpg

 
Na Xandriña, á beira de Camelle, en 217.000 metros cadrados de costa virxe se instalará un”parque de tecnoloxia alimentaria” que vai botar un millón de metros cúbicos de augas contaminadas nunha zona de gran riqueza pesqueira e marisqueira, poñendo en perigo as actividades tradicionais desta localidade.

Mais información


Más sobre Camelle

44: Fisterra

A febre urbanística deu lugar en Fisterra aun crecemento desmesurado, desordenado e desacorde coa continuada perda población. Soamente nun ano se outorgaron mais de 1000 licencias para novas vivendas. No queda un metro cuadrado de suelo urbano por comprar. Urbanismo tentou a paralización de case 400 consideradas fora de ordenamento, delas, 88 xa foron declaradas ilegais polo xuzgado e quedan 200 pendentes de sentencia. As restricción de Costas e Rede Natura a novas expansións do solo urbanizable son consideradas polo alcalde (PP) “ normas obsoletas e interpretables” polo que, según manifesta, “seguramente acabaremos no xulgado con Costas”. Toda unha declaración de principios que anticipa o porvir urbanístico deste lugar cualificado como Patrimonio Europeo.


Más sobre Fisterra

45: Fragas do Eume

rio-eume-v.jpgAs Fragas do Eume, con catalogación de Parque Natural, está considerado o mellor bosque atlántico de Europa. Forma parte da cunca do río Eume e ocupa unha extensión de 9.000 Ha. O seu futuro como ecosistema está en entredito polas actuacións que prevén no seu entorno. Se actualmente o río Eume sufre unha grande contaminación producida polos verquidos da central térmica de As Pontes, o lago artificial que encherá o oco da mina xa pechada se surtirá das augas do Eume, rebaixando o seu caudal e producindo unha maior contaminación polas filtracións do lago. Outra ameaza é a prevista instalación en As Pontes da celulosa de Ence.


Más sobre Fragas do Eume

46: Seiruga

DSCN0528.JPG

 

“A liña da Rede Natura e curveada, retorcida, amañada e calquer outro calificativo que se vós ocurra, con tal de deixar sitio ós propositos da Xunta” (Seiruga Limpa). E eses propósitos consisten en instalar unha macropiscifactoría de 200.000 metros cadrados entre a praia de Seiruga e a de Beo, á beira dun castro e en contra da opinión de 234 dos 297 cidadáns con dereito a voto de Barizo, conscientes da irreparable perda que supoñerá para o seu patrimonio natural e paisaxístico.


Más sobre Seiruga

47: Porto do Son

Un cento de vivendas ilegais ocupando zonas protexidas do litoral e Rede Natura evidencian o desorden urbanístico que está a sufrir este municipio nos últimos anos e que ten provocado un grave deterioro na paisaxe litoral e no espazo urbano, onde se perderon a configuración e edificacións tradicionais en favor da alta densidade de caracter especulativo e que non responde ás demandas dunha poboación decrecente. Aínda así a cámara municipal, cun xa ex concelleiro de urbanismo denunciado pola fiscalía por facer negocio inmobiliario a conta da información urbanística da que dispoñía, presentou a trámite un PXOM que vai permitir a construcción doutras 7000 vivendas e a clasificación de grandes espazos como solo urbanizable.


Más sobre Porto do Son

48: Pena Trevinca

PenaTrevinca_23e24-06-07_SGO2.jpgProxecto de parque eólico a pesares de ser un espazo natural protexido. Aves como a águia real e o falcón peregrino corren perigo de extinción ademais doutras como Gatafornela, Lagarteiro común, Perdiz charrela ou Tartaraña cincenta. Nas zonas altas da SERRA DO EIXE encontran-se vários endemismos vexetais, entre os que destaca, na flora, a xesta Genista sanabrensis. Encontran-se tamén populacións de Xenebreiro anano Juniperus nana, ademáis de diferente e numerosa vexetación rupícola de grande interese vexetal. Representa o proxecto unha clara ameaza e un perigo público e notório para o desenvolvemento harmónico do território da serra, polo que supón de destrución do potencial turístico, gandeiro e forestal, o cal inclui a anulación prática dos planos de viabilidade económica previstos para un futuro próximo.


Más sobre Pena Trevinca

49: SOGAMA

2511

A central de SOGAMA amorea a metade do lixo que recibe no macro-vertedoiro da Areosa. A outra metade a destina nun 86% á icineración, considerado un tratamento de residuos urbanos ineficaz e indesexable fronte aos sistemas de reciclaxe e valorización, e que ademais constitúe unha das actividades mais contaminantes hoxe no país polas súas emisións de fumes con metais pesados e centos de compostos químicos perniciosos.    


Más sobre SOGAMA

50: Canteira de Lombao (Ortigueira)

lombao-1.jpg

O curso do rio Lombao interrómpese abruptamente preto do santuario de Portas, desaparecendo baixo un monte de entullos de lousa procedentes da canteira de Lombao. Outro río máis fora da protección de Augas de Galicia. Unha agresión mais exonerada pola Consellería de Medio Ambiente.


Más sobre Canteira de Lombao (Ortigueira)

51: Cerquido

Ocupacion de terreos da lagoa de Budiño polo poligono industrial.
Aterramento con lodos das graniteiras da barreira do Cerquido, perdeuse unha poboacion de sapoconchos
Lixo na barreira de Orbenlle
Tala e aterramento ilegal por parte de Transportes Marsou en zona SRPEN
Aterramento e destruccion da pequena mata de papamoscas (Drosera)cerquido1.jpgcerquido2.jpg
cerquido3.jpg
cerquido4.jpg


Más sobre Cerquido

52: Parque Rosalía

 

A Asociación pola Defensa do Parque Rosalía está a traballar para evita-la aberración que suporía que 6 edificios de 9 plantas ocultasen parte das vistas cara o río Miño desde o mirador do Parque Rosalía de Castro. Un proxecto que puido ser evitado desde 1995 ata 2003 pola perda de dereitos edificatorios do constructor, e no que a nula vontade política do Concello de Lugo contrasta coas máis de 12.000 firmas contrarias ao proxecto. Máis información en www.parquerosalia.es

parque_rosalia[1].jpg


Más sobre Parque Rosalía

53: Sobreirais do Arnego


Unha concentración parcelaria ameaza os Sobreirais do río Arnego, un ecosistema excepcional pola súa situación (vexetación mediterránea dentro da área bioxeográfica eurosiberiana), alén de ser espazo da Rede Natura 2000.
A desidia e falta de coordenación entre Consellaría de Medio Ambiente e Consellaría de Medio Rural fai que esta área estea desprotexida e a conservación das masas arbóreas dependa de que os/as veciños/as renuncien a cortar as árbores antes do intercambio de terras.


Más sobre Sobreirais do Arnego

Comentarios

comments powered by Disqus