Mapa elaborado polos alumnos de 2º de bacharelato de latín do IES MGB da Estrada, sobre a toponimia galega de orixe latina.


0: Celanova
Ver detalle
1: Sanxenxo
Ver detalle
2: Lugo
Ver detalle
3: Foz
Ver detalle
4: A Estrada
Ver detalle
5: A Coruña
Ver detalle
6: Pedrafita do Cebreiro
Ver detalle
7: Fisterra
Ver detalle
8: Chantada
Ver detalle
9: Caldelas
Ver detalle
10: Fonsagrada
Ver detalle
11: Santiago de Compostela
Ver detalle
12: Armenteira
Ver detalle
13: Bembibre
Ver detalle
14: Fondevila
Ver detalle
15: Marcador 17
Ver detalle
16: Louredo
Ver detalle
17: Poio
Ver detalle
18: Milladoiro
Ver detalle
19: Oleiros
Ver detalle
20: Ortigueira
Ver detalle
21: Monforte de Lemos
Ver detalle
22: Padrón
Ver detalle
23: Ourense
Ver detalle
24: fontefría (Cambre)
Ver detalle
25: Ourantes
Ver detalle
26: Frades
Ver detalle
27: Orxal
Ver detalle
28: Maceda
Ver detalle
29: Oseira
Ver detalle
30: Lavacolla
Ver detalle
31: Pontevedra
Ver detalle
32: Ribadavia
Ver detalle
33: Ribeira
Ver detalle
34: Vigo
Ver detalle
35: Touro
Ver detalle
36: Marca de posición 38
Ver detalle
37: Sobrado
Ver detalle
38: Ponteceso
Ver detalle
39: Xunqueira
Ver detalle
40: Vilalba
Ver detalle
41: Vilagarcía
Ver detalle
42: Pombal
Ver detalle
43: Vilachá
Ver detalle


Lugares de interés (POIs) del Mapa

0: Celanova

Unha das principais divisións do territorio no noso país é a parroquia, chamadas tamén fegresías ( filii eclesiam: fillos da igrexa). Esta división resultaba útil para agrupar varias localidades que celebraban os ritos relixiosos nunha mesma igrexa e a xente deses lugares bautizábase, ía a misa, casaba e enterrábase alí, na igrexa parroquial. Varias parroquias xuntas forman un concello e ás veces leva o mesmo nome dunha das parroquias. Así o nome deses topónimos derivaba das construccións relixiosas, dos que traballaban ou dependían delas e los santos aos que se lles adicaban. Algúns destes haxiotopónimos son : Igrexa ( coas variantes Eirexe, Eirexa, Airexe, Irexa, A Grixa, Suigrexa, Sueigrexa, Traseirexa, Grixanova, Grixó, Grixoa, Igrexario, O Grixario: terras que pertencen a unha igrexa). As veces estas construcciones xa están derrubadas e parece non ter clara explicación o topónimo como Capela e Mosteirón, moi productivos. O topónimo que nos ocupa Celanova, non é máis que un cuarto individual de relixiosos (cella,-ae) nova: recente, de nova construcción (aínda que tamén podería facer referencia a un pequeno almacén ou santuario). Esta voz ten un paralelo en Cillanueva no concello leonés de Ardón.
Un simple Cela aparece hoxe en Becerreá, Cervantes, O Corgo, Friol (Lu), Boimorto (A Cor), Lobios (Our) e Celas en Carral e Culleredo (A Cor). Acompañado dun adxectivo cualificativo que marca a temporalidade Cela + nova, temos o concello ourensán.
O adxectivo nova é moi corrente nas denominacións de lugar e ten o seu contrapunto en vello/a. Con nova hai en Galicia: Vilanova, A Casanova, A Taberna Nova, Fontenova, A Feira Nova, Insua Nova, Aldea Nova, A Viña Nova, Rúa Nova...

20070418klplylliu_389.Ies.SCO.jpg


Más sobre Celanova

2: Lugo

LUCUS AUGUSTI: o bosque sagrado de Augusto
 
 murallas-de-Lugo2.jpg
 
 


Más sobre Lugo

3: Foz

Do latín vulgar “FOCEM”, que en latín literario era “FAUCEM”, gorxa, paso estreito, fauces. Lugar por onde un río desemboca no mar, tamén é un paso estreito entre montañas
 437783400_cae6350f37.jpg


Más sobre Foz

4: A Estrada

aestrada.jpg 

É unha vía de comunicación. (Viam) stratam é a voz da que procede e refírese aos diferentes estratos de distintos materiais con que os soldados romanos construían as vías. Corresponde ó ingles street e ó aleman strasse. Loxicamente os estratos só os facían en terreos brandos e en lugares de moito tránsito. O topónimo de A Estrada, provincia de Pontevedra, parece demasiado moderno para que se derive do latín. Proponse que pode derivar do participio galego estrada do verbo estrar, extender estrume, xeralmente capas de toxo nas corredoiras. 
 1518204686


Más sobre A Estrada

5: A Coruña

la-torre-de-hercules.jpgProbablemente deriva de “CLUNIA”, nome de lugar. Recentes estudos sosteñen que a orixe última é o latín “colonia”. Probablemente dunha raíz indoeuropea *k-r ‘pedra`, ‘rocha` (no 991 aparece documentado Crunia, en alusión as características rochosas do entorno ou mesmo á Torre de Hércules, torre construída sobre unha pena ou rocha). Non se pode desbotar a hipótese de Clunia, derivada dun sustantivo celta *clunia, ‘pradaría’, ‘lugar humido’,’fonte’, topónimo similar a Cluny.
 3125904807


Más sobre A Coruña

6: Pedrafita do Cebreiro

Cebreiro: de cebrarium, ‘lugar onde hai moitos asnos bravos", tamén chamados onagros e "cebros" < (e)quos feros. máis o xa visto sufixo –arium.Cebreiro é un topónimo da Cañiza (Po) e Cebreiros do Pereiro de Aguiar(Our.), aínda que o de máis sona é Pedrafita do Cebreiro (Lu).
831__pedrafita_do_cebreiro2.jpg


Más sobre Pedrafita do Cebreiro

7: Fisterra

Fisterra: de “FINIS TERRAE” o fin da terra.
Imaxe de Google imaxes.
fisterra_00.gif
 


Más sobre Fisterra

8: Chantada

 “PLANTATAM”, o topónimo baséase na destrución da vila polos normandos e a seguinte redificación, de ahí “plantata” sería cidade reedificada.

chantada.jpg
 


Más sobre Chantada

9: Caldelas

Deriva de “AQUAS CALIDAS” e do seu diminutivo “calidellas”, todos relacionados con augas quentes, termais. Hidrotopónimo.
 
 
 15084707.jpg


Más sobre Caldelas

10: Fonsagrada

Fonsagrada:de “FONTEM SACRATAM”, fonte sagrada, á que se lle atribuían propiedades curativas. Fon(te) + sagrada. Hidrotopónimo.
 


Más sobre Fonsagrada

11: Santiago de Compostela

Santiago: De (ecclesia) sancti Iacobi “igrexa de San Xacobe”. Grafía arcaica: Sant-Iago; portugués: San Tiago
.images%3Fq%3Dsantiago%2Bde%2Bcompostela%


Más sobre Santiago de Compostela

12: Armenteira

Armenteira: de “ARMENTARIAM” e éste de “ARMENTUM”, rabaño de gando maior. Zootopónimo.
1.jpg 


Más sobre Armenteira

13: Bembibre

bembibre-pazo2_jpg.jpg

Bembibre: De BENE VIVERE ‘lugar bo para vivir’. É un caso de toponimia propiciatoria, sinala un lugar positivamente. Bembibre existe na toponimia do Val do Dubra (A Cor) e de Viana do Bolo (Our). Tamén o podemos ver na provincia de León.


Más sobre Bembibre

14: Fondevila

Fondevila.JPGFondevila: Topónimo composto de FON(DO)+DE+VILA. De FUNDUS, fondo; a parte baixa dunha vila. Fondo de Vila está moi estendido como topónimo, tanto coma o seu oposto Cima de Vila.Tamén existe Fondo complementado con núcleos poboacionais en Fondo da Aldea e Fondo do Lugar. Fondo acompaña, noutros casos, da Costa, de Nois, da Xesta, da Lama, etc.
Podería pensarse que detrás estivese unha ‘fonte de vila’, con apócope do –te de fon-te, pero hai dúas razóns que nos levan a pensar na primeira hipótese:
a) a preposición de. Agardariamos ‘fonte da vila’, e temos ‘fonte de vila’.
b) Na xeografía non é tan frecuente como –Fondo de Vila–, e de atopar, encontramos a secuencia con da: Fonte da Vila (Arzúa, Monfero, Salvaterra de Miño, O Valadouro)


Más sobre Fondevila

15: Marcador 17

Castrelo: Forma híbrida de “CASTELLUM e CASTRUM”. Un castro é unha cidade alta e fortificada.
concurso-fotografico-ollar-castrelo-enco


Más sobre Marcador 17

16: Louredo

 LAURETUM: lugar onde hai loureiro. (LAURUS: loureiro, árbore). Fitotopónimo.4938843.jpg


Más sobre Louredo

17: Poio

Poio de: PODIUM: altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas.1490_poio.jpg


Más sobre Poio

18: Milladoiro

Milladoiro: HUMILIATORIUM: lugar onde os peregrinos óver Compostela axeonllábanse para dar gracias a deus; ou deAD-MILIATORIUM: lugar onde os peregrinos botaban unha pedra que traíanconsigo, formando unha morea de pedras (ou milladoiro).
cp15f03177021_187256.jpg


Más sobre Milladoiro

19: Oleiros

Oleiros: de OLA: ola, lugar onde hai fabricantes de olas de barro, oleiros.
Sem_oleiros_scruz.jpg


Más sobre Oleiros

20: Ortigueira

57_FOTO-ORTIGUEIRA-PLAYA.jpgURTICARIAM: lugar onde hai ortigas. Fitotopónimo con sentido abundancial.


Más sobre Ortigueira

21: Monforte de Lemos

castillo.jpgTopónimo composto de MONTEM FORTEM ‘monte fortificado’. Un simple encontrámolo no Forte, O Forte Novo e O Forte Vello. Hai, así mesmo, A Fortaleza. Monforte de Lemos dálle nome a un lugar, a unha parroquia e a un concello da provincia de Lugo.


Más sobre Monforte de Lemos

22: Padrón

padron1.jpgDe PETRA, (deriva de PETRONEM) a pedra onde se amarrou a barco do apóstolo Santiago.


Más sobre Padrón

23: Ourense

AURIENSE: topónimo que fai relación a unha explotación de ouro. (AURUM)
7327458.jpg


Más sobre Ourense

24: fontefría (Cambre)

Fontefría:Hidrotopónimo composto de FONTEM FRIGIDAM "fonte de auga fría". Fontefría designa lugares de Abegondo, Cabana de Bergantiños, Cambre, Cedeira (A Cor.), Amoeiro (Our.)... Un apocopado Fonfría aparece en Antas de Ulla, Begonte, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro (Lu) e un antónimo Fonquente en Cervantes (Lu). Outros topónimos nos que intervén o adx. fría son Vilafría de Ponteareas, O Porriño e Salvaterra de Miño e Bouzafría de Tomiño (Po).


Más sobre fontefría (Cambre)

25: Ourantes

417870.jpg
Ourantes:Posiblemente dunha base antroponímica AUR- + sufixo –ANTES. Na toponimia Our- aparece en Our-ille, Our-ís, Vil-ourís. Un sufixo –ANTES semella estar presente en Serantes, Barbantes, Barrantes, Corneantes, Curantes, Laiantes... San Xoán de Ourantes está en Punxín.


Más sobre Ourantes

26: Frades

De “FRATRES”, irmáns, seguramente monxes, frades duna congregación relixiosa.
16936papucin5.JPG


Más sobre Frades

28: Maceda

Maceda: de MATTIANETA (latín vulgar: MATTIANA: maceira) lugar onde abundan as maceiras , (cfr. español Manzaneda). Fitotopónimo.
6093_1241131640.jpg


Más sobre Maceda

29: Oseira

Oseira: URSUS: oso, lat. vulg.: ossum: lugar onde hai osos. Zootopónimo con sentido abundancial.oseira2.jpg


Más sobre Oseira

30: Lavacolla

LAVA-COLEA: (lava os testículos), nese pobo había un río onde os peregrinos se purificaban antes de entra en Compostela. É un imperativo e un Ac. Pl.


Más sobre Lavacolla

31: Pontevedra

Pontevedra: PONTEM VETERAM: ponte vella, ou ponte do río Vedra, nome que se lle daba ó río Lérez; este pobo era chamado AD DUOS PONTES.Pontevedra.jpg


Más sobre Pontevedra

32: Ribadavia

Ribadavia: Riba + d(e) + Avia, RIPAM: beira, orilla dun río ou do mar: orilla do río Avia.Ribadavia1.jpg


Más sobre Ribadavia

33: Ribeira

RIPARIAM: costa, orilla do mar.

C-779.jpg


Más sobre Ribeira

34: Vigo

VICUM, aldea, grupo de casas ou propiedade rural.

Centro_e_porto_de_Vigo.jpg


Más sobre Vigo

35: Touro

Touro: TAURUM, touro.



Más sobre Touro

36: Marca de posición 38


Más sobre Marca de posición 38

37: Sobrado

Sobrado: (AEDIFICIUM) SUPERATUM: edificio cunha parte alta, que sobresae. Terra alta, que sobresae.

Sobrado%202.jpg


Más sobre Sobrado

38: Ponteceso

Ponteceso: PONTEM CAESUM: ponte caída, ponte rota.
pedra_da_serpe_03.jpg


Más sobre Ponteceso

39: Xunqueira

Xunqueira: IUNCARIAM, lugar onde abundan os xuncos ou IUNCUS.http:pb020065_via_de_la_plata_etapa_3_vilar_d


Más sobre Xunqueira

40: Vilalba

Vilalba: VILLAM ALBAM: vila branca.2112459155_5d3cbed069.jpg


Más sobre Vilalba

41: Vilagarcía

Vilagarcia: Topónimo composto de VILLAMexplotación agropecuaria e un posuidor –García-. EnGalicia hai varios lugares que reciben o nome de Vilagarcía: noconcello de Baleira (Lugo), no de Carballedo (Lugo), en Ramirás(Ourense), etc.
vilagarcia.jpg


Más sobre Vilagarcía

42: Pombal

Pombal: PALUMBALEM: lugar construido polo home onde viven as pombas.
baiona.org.032.fuente.pombal.jpg


Más sobre Pombal

43: Vilachá

300px-Vilach%C3%A1.jpg
VILLAM PLANAM, vila situada nun lugar plano.


Más sobre Vilachá

Comentarios

comments powered by Disqus