No cruce Dordo - Enxa, coller a primeira saída. Deixando as edificacións a dereita, collemos o primeiro cruce a esquerda. Seguimos ata a carreteira e collemos cara o sur. Ao chegar a un cruce onde deixamos outra edificación atrás á man dereita, collemos a pista de terra e xiramos a dereita para coller outra mais estreita. Chegamos de novo á pista de terra e collemos una carreteira que queda á dereita, daremos una curva á dereita e outra á esquerda para meternos polo medio dun rueiro de casas. Máis adiante veremos un camiño de terra a man esquerda e xiraremos algo menos de 180ºpara collelo.Deixaremos una gran explanada á man dereita e una mina á dereita. Cando chegamos a carreteira collemos á dereita, cruzaremos a seguinte carreteira e meterémonos noutra pista de terra que nos devolverá a esta última carreteira máis a dante e colleremos o primeiro desvío á esquerda. Seguiremos a mesma ata voltar ao punto de saída.


1: Montemuiño
Ver detalle


Lugares de interés (POIs) del Mapa

1: Montemuiño


Más sobre Montemuiño

Comentarios

comments powered by Disqus