X Marcha Rias do Morrazo - C.C. Cangas (04-06-2011)

Leer descripción ↓↓ Ver el mapa


Definitivamente, hai días nos que sería mellor non saír da casa. Ésta era a 3ª vez que participaba na Marcha Cicloturista Rías do Morrazo, organizada polo C.C. Cangas que, coma nas anteriores edicións, estiveron á altura do esperado en canto a información, organización, etc. Pero, según a Lei de Murphy, cando as cousas poden ir mal, van peor. Para empezar: Pinchei dúas veces antes da saída (as miñas "estupendas" e supercaras cámaras antipinchazos resultaron ser un fracaso. Por si a alguén lle interesa, son as Foss esas transparentes). Nada máis dar a saída empeza a chover e volvo a pinchar no Km 25. Sin repostos, monto no coche escoba, no que fixen 25 Km. ata o mirador de Cotorredondo (coas ganas que tiña de facer a subida ó Lago Castiñeiras!). Afortunadamente, no avituallamento, reparo o pinchazo, sin tempo xa para comer, e consiguo facer 67,5 Kms. dos 92 km. totales. O dito: Que o ano que vén volvo porque xa só a sensación de ver ós teus pés a Ría de Vigo por unha parte e a de Pontevedra por outra dende o alto do mirador, paga a pena. Eso si: Levaremos boa provisión de repostos...


1: X Marcha Rias do Morrazo - C.C. Cangas (04-06-2011)
Ver detalle


Lugares de interés (POIs) del Mapa

1: X Marcha Rias do Morrazo - C.C. Cangas (04-06-2011)


Más sobre X Marcha Rias do Morrazo - C.C. Cangas (04-06-2011)

Comentarios

comments powered by Disqus