Consonte citan os carteis que atopamos ao longo deste roteiro que promove a Comunidade de Montes de Borbén: "O Sendeiro da Levada de Casqueiros acompaña á auga no seu percorrer, dende a Carballeira da Reitoral, onde se atopa a Fonte das Dúas Caras, ata a parte baixa da Chan de Xunqueiras, a través de fermosas paraxes e fragas nas que abundan carballos, castiñeiros, bidueiros, ameneiros e salgueiros. Sempre ao carón da auga, pasaremos por fontes, lugares de repouso como o Burato do Inferno ao paso polo regato Porta Fraga, seguindo o curso do río Pozo Negro. Ao abrigo da vexetación de ribeira que medra xunto a el, atoparemos tamén signos da estreita relación que dende anos mantén o home e a auga, como a propia Levada, os muíños de Xaniña e Cubelos ou a Tola." Conta con boa sinalización. Se non estades cansos e queredes seguir andando, (a maiores da senda da levada) podedes continuar ata Casqueiros polo antigo sendeiro do Santo Aparecido por fermosas fragas. Para facelo, logo de chegar a presa, subides e no cruce do camiño colledes a dereita, seguindo as marcas amarelas e brancas. O percorrido duplicarase sobre o proposto inicialmente.
1: Senda da Levada de Casqueiros (Pazos de Borbén) Ver detalle |
2: Area lecer Ver detalle |
3: As Folgadas Ver detalle |
4: Bazouco Ver detalle |
5: Camiño das Cacolas Ver detalle |
6: Comezo Ver detalle |
7: Eido do Cura Ver detalle |
8: Escadas Ver detalle |
9: Fonte das Duas Caras Ver detalle |
10: Fonte Pepe do Furado Ver detalle |
11: Fraga do Pozo Negro Ver detalle |
12: GR 58 Ver detalle |
13: Levada Ver detalle |
14: Mesa dos Amigos da Tola Ver detalle |
15: Mina de auga Ver detalle |
16: Muiño da Xaniña Ver detalle |
17: Muiño dos Cubelos Ver detalle |
18: PR-G 26 Ver detalle |
19: Presa de Casqueiros Ver detalle |
20: Rego Ver detalle |
21: Rego Porta Fraga Ver detalle |
22: Reitoral Ver detalle |
23: Rio Pozo Negro Ver detalle |
24: Rio Pozo Negro Ver detalle |
25: Ruinas Ver detalle |
26: Valo Ver detalle |