As augas do regato do Picoto, na parroquia de Vilameán (Tomiño), movían os rodicios de varios muíños que hoxe en día atópanse restaurados pola iniciativa da Asociación de Veciños. Máis enriba está chantada a Pedra Longa. No comezo do percorrido hai un cartel no que lemos: "O conxunto dos muíños hidráulicos do Porto constitúe un dos principais elementos do patrimonio cultural, etnográfico e natural da parroquia de Vilameán, no concello de Tomiño. Orixinariamente, os muíños do Porto foron oito; deles, foron restaurados cinco, o muíño Pequeno, o muíño de Abaixo, o muíño do Medio, o muíño da Viña (ou de Arriba) e o muíño do Amadeo. Ademais, coñéncese restos doutros dous, mentres que do muíño do Conde xa non se conserva apenas nada. Os principais muíños do conxunto, o de Abaixo, o do Medio e o da Viña, foron construídos a mediados de século XIX. En xeral, o sistema de moenda era o de "herdeiros" e estableciase en quendas e por familias, xa que cada unha delas tiña asignadas un número de horas para a súa utilización. Todos os muíños tiñan cadanseu encargado. Estes enxeños hidráulicos localízanse na aba do monte Picoto, e por ela baixa o regueiro do Picoto, que servía para movelos e moer así o gran. No verán, por mor da escaseza de auga na canle do Picoto, refórzase coa auga da antiga levada da Miudiña, que chega a Porto dende o río Cereixo, en Tebra. A carón do muíño Pequeno consérvase unha fermosa fonte de pedra, orixinaria do século XVIII. A lenda da Pedra Moura. En Vilameán de Tebra, no barrio do Castro, hai unha pedra que lle chaman a Pedra Longa. Disque en certa ocasión viñeron ata alí uns mouros. Unha moura traía a rocha no cabeza, ó tempo que fiaba pouco a pouco nunha roca. Alí deixou a roca sobre a Pedra Longa en sinal de que alí estiveran, pero dos mouros non se soubo máis. A pedra está encantada e parece ser que debaixo dela hai ouro, gardado por unha cobra de sete cabezas. Para desencantala e poder coller o ouro ten que ir un cura e sete cans. Ó chegar o can número sete, desaparecerá e entón poderase entrar por debaixo e coller o ouro oculto."


1: Muíños do Porto (Tomiño)
Ver detalle
2: Caedoiro
Ver detalle
3: Comezo
Ver detalle
4: Deposito augas
Ver detalle
5: Escadas
Ver detalle
6: Fonte do Porto
Ver detalle
7: Fraga
Ver detalle
8: Levada da Miudiña
Ver detalle
9: Muiño da Viña
Ver detalle
10: Muiño de Abaixo
Ver detalle
11: Muiño do Amadeo
Ver detalle
12: Muiño do Medio
Ver detalle
13: Muiño Pequeno
Ver detalle
14: Pedra Longa
Ver detalle
15: Pista
Ver detalle
16: Regato do Picoto
Ver detalle


Lugares de interés (POIs) del Mapa

1: Muíños do Porto (Tomiño)


Más sobre Muíños do Porto (Tomiño)

4: Deposito augas


Más sobre Deposito augas

6: Fonte do Porto


Más sobre Fonte do Porto

8: Levada da Miudiña


Más sobre Levada da Miudiña

9: Muiño da Viña


Más sobre Muiño da Viña

10: Muiño de Abaixo


Más sobre Muiño de Abaixo

11: Muiño do Amadeo


Más sobre Muiño do Amadeo

12: Muiño do Medio


Más sobre Muiño do Medio

13: Muiño Pequeno


Más sobre Muiño Pequeno

14: Pedra Longa


Más sobre Pedra Longa

16: Regato do Picoto


Más sobre Regato do Picoto

Comentarios

comments powered by Disqus