Traducción/Translation/Traduction: oajmer@gmail.com Ruta polos Ancares leoneses. Outra boa opción para facela sería sair de Balouta cara Porto Ancares-Miravalles-Balouta. En Balouta hai hotel-restaurante. A ruta aquí descrita sae desde Porto Ancares, e segue pola crista (serra Bruteira) ata o Miravalles. A ruta é moi fácil de seguir case sempre xa que a senda é moi clara. No punto "01 Fito" pode escollerse se seguir pola crista (a opción escollida nesta ruta) ou tomar unha senda moito máis clara que a bordea. Esta opción ten a vantaxe de evitar unha zona de rochas na crista que pode ser dificultosa de pasar se hai algo de humidade. No punto "04" únense as dúas variantes e ademais tamén pode descenderse ata Balouta. A ruta descrita continúa ata o pico Miravalles (1969 m de altitude, o pico máis septentrional dos Ancares) e logo volve atrás ata o punto "05" onde por unha senda estreita pero ben visible báixase ata enlazar co camiño máis ancho que baixa do punto "04" e que nos levará ata Balouta. En total desde o cumio hai máis dunha hora de baixada. Ao principio da baixada hai auga. Cerca de Balouta hai unha cancela pechando o camiño con arame de espiño (é legal eso??). En Balouta sáese á estrada cara a dereita (dirección Rao-Navia) e despois de pasar uns contedores de lixo tómase unha corredoira ampla e empedrada entre valados cara á esquerda. Este camiño continúa ascendendo lixeiramente durante un bo rato, sempre cun valado de pedra á esquerda, ata que finalmente hai que atravesar un regato e unha zona enlamada e chégase á estrada que sube ata o alto da Cespedosa-Suárbol, despois de pasar unha nova cancela con arame de espiño, a segunda. Hai que seguir a estrada en ascenso uns 500 m (o único asfalto da ruta) e despois da primeira curva pechada abandoala pola esquerda e seguir un camiño ancho e con herba que chega ata outra nova cancela con arame de espiño, a terceira. Atravésase e súbese por un camiño, primeiro a través dunha zona de vexetación aberta e logo máis boscosa. Na parte alta desta zona aberta pode haber algunha dificultade para seguir o camiño, precaución. Continúa a ruta por unha senda clara ata que no punto "16" hai que deixalo cara a dereita xa que máis adiante estará tapado pola vexetación, pero nuns minutos chégase á estrada sen problemas excepto por ter que atravesar un novo arame de espiños (o cuarto!!). Desde alí pode chegarse ata Porto Ancares pola estrada ou (a opción da ruta) por camiños máis ou menos abertos entre a mato ata o mirador de Balouta e Porto Ancares. Feita en outubro de 2010. Outras rutas de Ancares: De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello, Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella, De Piornedo a Suárbol por Acevais Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta Circular Burbia-Vedual Os tres cumes de Lugo Da ponte de Vales a Brego Club Ancares a Cela por Deva Campa da Braña-Fieiró-Robledo De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande


1: Mezzoldo paradiso delle ciaspole
Ver detalle
2: LAP001
Ver detalle


Lugares de interés (POIs) del Mapa

1: Mezzoldo paradiso delle ciaspole


Más sobre Mezzoldo paradiso delle ciaspole

Comentarios

comments powered by Disqus