Descripción del sitio
http://www.ourensemedieval.com/index_i.htmlIgrexa parcialmente románica. Quedan restos dunha saeteira na cabeceira xunto con restos dunha posible inscrición. No muro sur a porta medieval con arco de medio punto e a ménsula da esquerda con decoración medieval. Dous canzorros desgastados completan o muro sur. En Vilaza, xunto ao complexo cenobítico de S. Salvador de Vilaza, encontrámonos cunha pequena igrexa baixo a advocación de Santa María. A actual fabrica de época moderna deixa ver elementos máis antigos e así na cabeceira podemos observar os restos da primitiva seteira franqueada á súa dereita por unha pedra con motivos inscritos: restos de escritura? O muro sur conserva unha porta de arco de medio punto na que destaca unha pequena ménsula con motivo de zig-zas, ornamentación medieval típica da zona, xunto a dous pequenos e mal conservados modillóns. A fachada do oeste, se ben conserva certo sabor medieval parece de factura moderna. Sobre esta igrexa e a posibilidade de que, ben fose a verdadeira igrexa conventual do mosteiro, ben a primitiva igrexa do mosteiro, pronúnciase Ferro Couselo, quen pensa que realmente o mosteiro medieval se situou no actual barrio de S. Salvador, é dicir, onde actualmente se sitúa o complexo de S. Salvador e que esta igrexa de Santa María, " ou foi, por algún tempo, igrexa parroquial ou ben puido ser a primitiva igrexa do mosteiro" pero nunca a verdadeira igrexa conventual.