Descripción del sitio
Interesante exemplar do románico rural ourensán. Pequena igrexa integramente románica que presenta a típica planta románica ourensán: Planta de unha nave rectangular coroada por ábsida cadrado presidido por unha fermosa saeteira, hoxe cegada, de arco de medio punto flanqueado por dúas columnas con capiteis vexetais. A fachada do poñente (tipo B) presenta portada abucinada con dúas arquivoltas baquetonadas que descansan en impostas decoradas con círculos enmarcando cruces. Un par de columnas con capiteis, vexetal o da esquerda e animais enfrontados na dereita. A nave e sinxela, porta cegada no muro norte e portada de medio punto sinxela no sur. Canzorros bastante grandes na cabeceira.