SAN PEDRO DE ROCAS - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

É un dos cenobios máis antigos de Galicia; de feito as súas orixes poden situarse no século VI a. de C. como se constata na inscrición dunha lápida, datada no ano 573 a. de C., que inclúe os nomes dos sete varóns que por primeira vez se retiraron a facer vida neste lugar. Tras un período de abandono, probablemente relacionado coa invasión musulmá, volve ser ocupado en época de Alfonso III, entre finais do século IX e comezos do X, por iniciativa dun cabaleiro chamado Gemondo que descobre a igrexa oculta baixo a maleza e cativado polo lugar funda un novo cenobio integrado por unha pequena comunidade. É Alfonso III quen inaugura a práctica de dotar ao mosteiro de grandes doazóns, xesto que é imitado por monarcas posteriores, como Alfonso VII, Fernando IV e Enrique III. Ao longo da súa historia o mosteiro varía a súa situación xurídica, se ben en certas ocasións se mostra independente, noutras depende do veciño San Esteban de Ribas de Sil e na maioría de Celanova, onde queda definitivamente unido a partir do século XV. Tras a desamortización de Mendizábal o antigo mosteiro convértese en parroquia. En 1923 foi declarado monumento histórico-artístico. No conxunto de San Pedro de Rocas encontramos construcións de distintas épocas. Das súas orixes, no século VI, consérvanse as tres capelas escavadas directamente na rocha; unha central de maiores cunha cuberta que comunica co cumio da montaña e recibe luz natural e dous laterais de menores dimensións. As tres portadas son de época románica e están formadas por arcos con columnas pegadas e capiteis labrados na mesma rocha. No subsolo localizáronse numerosas sepulturas antropomorfas, algunhas de reducidas dimensións, sen dúbida pertencentes a nenos de curta idade. No muro da capela da esquerda, encontramos un oco onde se cre que estaba o sepulcro do cabaleiro Gemodus, a parede está decorada cunha pintura ao fresco, datada entre 1175 e 1200, que mostra imaxes dos apóstolos e un mapamundi. Na nave da dereita localízanse os sepulcros de dous nobres, Gondamáriz e Oveco Seixas. Outro elemento emblemático é a espadana co seu campanario, situada sobre unha pena de 14 metros de altura, obra de Gonzalo de Penalva no século XV, cunha escalinata na parte posterior. Nesta mesma rocha está escavado un arco que dá paso a un espazo rectangular pechado por unha muralla e empregado ata hai pouco como cemiterio parroquial. O edificio prioral é do século XVII.

Mapa del lugar de interés SAN PEDRO DE ROCAS

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de SAN PEDRO DE ROCAS, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado