SAN FRANCISCO, IGREXA - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

A historia de S. Francisco está intimamente ligada a da cidade de Ourense e as loitas polo poder que mantiveron os diferentes estamentos da cidade, Bispo e Concello, a longo da Idade Media. Iniciase a construción coa chegada da orden mendicante a vila a mediados do século XII. Da primitiva fábrica apenas coñecemos nada, so que estaba na Cimadevila da cidade (actual praza do Correxidor) e que caeu vítima dos enfrontamentos entre o Cabildo e o Concello. Corría o verán de 1292 cando ?bandos irreconciliables batíanse a morte, sen outra diferenza que pertencer a unha das dúas partes?. Mentres os partidarios do bispo comandados polo chantre Pedro Yañez de Nóvoa se parapetaban na Catedral os homes bos do Concello tiveron en San Francisco a súa trincheira. En torno a 1295 San Francisco nun dos enfrontamentos é incendiado polos homes do bispo quedando reducido a cinzas o complexo cenobítico da Cimadevila de Ourense. Yañez de Nóvoa, coma responsable último da destrución de S. Francisco, será condenado por Roma a erixir unha nova igrexa a súa costa. A ubicación do novo edificio será extramuros da cidade, no lugar coñecido polo nome de Vista Alegre, hoxe San Francisco. A nova fábrica gótica, iniciada co século XIV, presenta unha igrexa de planta de cruz latina de única nave rematada con tres ábsidas semicirculares. A portada historiada, móstranos unha interesante visitación xunto cun interesante capitel no que podemos ver un gaiteiro. Acompañando a igrexa o interesante claustro, hoxe en proceso de restauración. A historia deste edificio tan emblemático no remata aquí. En 1832 a Desamortización de Mendizabal convérteo en cuartel de infantería para, en 1927 trasladar definitivamente a súa igrexa o antigo Campo de S. Francisco, hoxe Parque de S. Lázaro. Con esta deslocalización rompese a unidade do conxunto monástico o mesmo tempo que co abandono das instalacións castrenses se inicia un proceso irreversible de deterioro do magnífico claustro medieval.

Mapa del lugar de interés SAN FRANCISCO, IGREXA

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de SAN FRANCISCO, IGREXA, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado