SAN CLODIO, SANTA MARÍA - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

Mosteiro cisterciense de orixe medieval do que so se mantén a igrexa. Este mosteiro finca as súas orixes nos primitivos mosteiros familiares que coa chegada dos monxes negros (1100) se transforma en bieito e posteriormente, non antes do século XV, se converte en cisterciense. O cenobio, situado na rica comarca do Ribeiro centrará a súa economía na uva e no viño. Do período medieval so conserva o templo de fines do século XII e mediados do XIII. O hastial occidental presenta unha distribución tripartita na que destaca a portada abucunada con tripla arquivolta, xa apuntada, baquetonada sobre tres pares de columnas con capiteis vexetais (5) e zoomórficos (1). Liña de imposta e rosetón completan o conxunto flanqueado por contrafortes. A igrexa é de planta basilical con tres naves de catro tramos, a central máis alta, coroadas pos cabeceira tripartita con ábsidas semicirculares precedidas de tramo recto.

Mapa del lugar de interés SAN CLODIO, SANTA MARÍA

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de SAN CLODIO, SANTA MARÍA, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado