RIBAS DO SIL, SANTA CRISTINA - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

A beleza do mosteiro de Ribas de Sil vese reforzada pola magnífica paraxe que o rodea. Aínda Que moi probablemente a súa orixe é anterior, a primeira mención nas fontes documentais remóntase ao ano 876, coincidindo coa doazón. No ano 969 dirixe o cenobio o abade Gundesindo. Os reis Alfonso VI e Alfonso VII conceden privilexios de couto, o que manifesta a súa independencia. É no século XVI cando empeza a depender do veciño San Esteban de Ribas de Sil, despois pasará con este a formar parte dos centros vinculados a Celanova. En calquera caso sempre foi un mosteiro de pequena magnitude cunha comunidade escasa, nunca superior á decena de monxes. Santa Cristina é un dos principais monumentos do románico provincial. A nave, dividida en cinco tramos, xa apunta maneiras góticas nos seus arcos apuntados. A decoración interior do templo estivo policromada. a recente actuación de restauración eliminou a pintura deixando só como mostra un capitel. A igrexa presenta, segundo Chamoso Lamas, dúas etapas: a primeira do século XII comprendería a cabeceira tripartita e o cruceiro; e a segunda do século XIII coa nave e a portada. O exterior a igrexa presenta na fachada oeste unha división bipartita: na parte superior destaca un impresionate rosetón; na parte inferior a portada propiamente dita na que apreciamos porta abocinada con seis pares de columanas sobre as que reposan tres arcos de mediopunto enmarcados con chambrana taqueada. A nave lonxitudinal, similara nas fachadas norte e sur, esta dividida por catro contrafortes correspondentes cos cinco tramos interiores do templo. As paredes están iluminadas por catro óculos, tres ventanas completas no muro sur e duas ventanas completas e saeteira no norte, delimitados verticalmente polos contrafortes. No muro norte destaca a torre do XIII e as construccións monacais adosadas a dito muro. Finalmente, a interesante e orixinal cabeceira tripartita na que destaca polas súas proporcións a absida central con catro contrafortes e tres ventanas. A cornisa da igrexa descansa sobre canzorros, entre os que cabe destacar os da cabeceira.

Mapa del lugar de interés RIBAS DO SIL, SANTA CRISTINA

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de RIBAS DO SIL, SANTA CRISTINA, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado