RAMIRÁS, SAN PEDRO - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

A orixe deste mosteiro bieito feminino perdese na noite dos tempos aparecendo por primeira vez documentado no século X. A súa época dourada será no século XIII, con case trinta monxas. As penurias comezan na centuria seguinte para chegar a gran decadencia a comezos do século XV cando en Ramirás só quedaban dúas monxas. A reforma iniciarase no século XV e en 1511 San Pedro de Ramirás pasa a ser casa dependente de S. Paio de Antealtares Do conxunto medieval queda unha impresiónate igrexa de planta basilical de tres naves e cabeceira tripartita de ábsidas semicirculares, o central de maior tamaño. O hastial presenta dous corpos separados por imposta. No inferior portada abucinada de tres arquivoltas sobre tres pares de columnas e sinxelos capiteis. Rematando a fachada un belísimo rosetón. A nave é de catro tramos divididos por contrafortes e liña de imposta. Os muros da nave están perforados por catro fiestras, unha por tramo. No lado norte, porta con dobre arquivolta que reposa en dous pares de columnas con capiteis vexetais. No centro tímpano con cruz. O máis interesante do templo e a cabeceira tripartita, destacando a ábsida central semicircular con tres fiestras. Os aleiros do templo sustentase, nas naves en arquiños con canzorros, e na cabeceira con canzorros baixo o aleiro.

Mapa del lugar de interés RAMIRÁS, SAN PEDRO

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de RAMIRÁS, SAN PEDRO, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado