Descripción del sitio
Unha soa nave con cabeceira rectangular. Igrexa de orixe románico que conserva íntegra a estrutura medieval. Presenta alteracións posteriores (engadidos no muro sur) e está invadida polo cemiterio (nichos adosados o muro norte da cabeceira). Fachada simple: arco de medio punto sobre ménsulas decorado con cravos (similar a Limia). Porta no muro sur e fiestra no exe da cabeceira. Canzorros sinxelos destacando o segundo, con caracter sexual (falo), do muro norte. Así mesmo no muro sur da cabeceira canzorro con barril. A cabeceira presenta un contraforte a cada lado estando o muro norte moi afectado pola construción de nichos.