Descripción del sitio
O actual mosteiro cisterciense de Santa María de Oseira fundase en 1137 polos monxes García, Diego, Xoán e Pedro no reinado de Alfonso VII. A data de entrada desta primeira comunidade no cister e confusa e o único seguro é que en a finais do século XII a comunidade xa era cisterciense. A época de esplendor do mosteiro situarase no século XIII iniciándose a fase crítica a finais do século XIII concluíndo en 1545 momento no que o mosteiro entra na Congregación de Castela e revitalizase a economía do cenobio. Neste momento inícianse as novas dependenzas claustrais e a fachada oeste da igrexa. Do primitivo conxunto medieval so queda a igrexa (salvo a fachada , xa moderna) que se iniciaría en torno o ano 1170 e se remataría a mediados do século XIII, sendo a súa consagración no ano 1239. A igrexa ten planta de cruz latina: o brazo lonxitudinal ten tres naves, a central de maior altura, de sete tramos e o do cruceiro unha sola nave con dous tramos. ?A cabeceira, segundo Valle Pérez, está desfigurada polas reformas e mutilacións sufridas ao longo dos séculos. Consta de unha gran capela maior, semicircular, precedida de dous tramos rectos, en torno a cal se desenvolve unha xirola, cuxa zona curva esta dividida en sete compartimentos, constando a parte recta de dous tramos por cada un dos lados. A xirola ábrense cinco capelas radiais, separados por tramos desprovistos delas? Adosada o muro norte do cruceiro atopamos a sinxela capela de S. Andrés. Dunha soa nave dividida en dous tramos. O exterior porta abucinada dunha arquivolta e arco xa apuntado. No nuro norte fiestra e aleiro sobre canzorros.