Descripción del sitio
Igrexa de orixe medieval con reformas posteriores dos séculos XVI e XIX. Do románico mantén unha interesante xanela no muro leste da cabeceira: saeteira cegada enmarcada por dúas columnas con capiteis vexetais sobre as que se ergue arco de medio punto. Imposta corrida con decoración pomada completa o muro leste da igrexa.