MONTEDERRAMO, SANTA MARÍA DE - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

Da arquitectura orixinal románica non queda nasa salvo unha ventana. Cando nos acecamos o mosteiro Cisterciene de Santa María de Montederramo enfrontámonos, tanto ao seu escuro nacemento, coma ao mítico relato da orixe do nome da Ribeira Sacra. A lenda que narra a sacralidad das marxes dos ríos Sil e Miño ten a súa orixe nunha mala lectura dun máis que posible documento falso do comezos do século XII (1134). Neste documento, Dona Teresa, raíña de Portugal, doaría a S. Xoán de Montederramo (nome do primitivo mosteiro) a rovoira Sacrata. A confusión do Pai Yepes ao traducir rovoira Sacrata ("robleda Sagrada") por "Ribeira Sagrada" foi o comezo do hoxe consolidado nome de Ribeira Sacra. Se ben, o nome Ribeira Sacra non responde a unha realidade documental, os múltiples cenobios de orixe pre-románica indícannos, que en tempos moi afastados, esta ribeira foron a tebaida galaica. O hoxe mosteiro cisterciense de Santa María de Montederramo, non sempre estivo nin situado no mesmo lugar nin consagrando a Santa María. A historia é escura pero parece que o mosteiro naceu nun lugar diferente, Seoana Vello, como eremitorio altomedieval e baixo a advocación de S. Juan (regra de S. Benito). a comezos do século XII abandónase na primitiva casa e os monxes trasládanse ao asentamento actual. A historia do cambio de advocación, e polo tanto de orde e hábito, é algo máis tardía e sería a reacción do mosteiro ao poder que exercía o bispado de Ourense sobre os monxes. A mediados do século XII os monxes de S. Xoán utilizarán varias estratexias, sendo unha delas a de solicitar o ingreso na orde do Cister. No ano 1212 Montederramo xa formaba parte dos irmáns brancos. A idade media será unha época de esplendor chegando a decadencia a principios do século XIV, coa entrada en escena da encomenda. A Observancia moderna e a integración do mosteiro na Congregación de Castela iniciará un novo crecemento. O final do mosteiro será a desamortización de 1835.

Mapa del lugar de interés MONTEDERRAMO, SANTA MARÍA DE

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de MONTEDERRAMO, SANTA MARÍA DE, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado