LOIRO, SAN MARTIÑO DE - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

A planta orixinal segundo Marquina Álvarez no BCMO de 1908 era a seguinte "La planta es rectangular, de una sola nave, que mide ocho metros de longitud por cinco y medio de anchura ; El ábside es también rectangular, sin más adornos que una sencilla ventana aspillerada en el centro y un bien tallado carnero sobre el piñón, que se eleva á la altura de la cornisa de la nave." Hoxe, ó exterior, presenta unha nave, un tramo saínte e finalmente a cabeceira. A igrexa, cuxa inscrición data de 1120, é románica na súa totalidade. Na época en que Marquina escribe o seu artigo 1908, inda tiña o campanario orixinal. O máis interesante da igrexa e fachada do poñente (tipo d) na que nos atopamos a superposición de diferentes elementos: portada abucinada con tímpano, un par de columnas e arquivolta baquetoneada con chambrana; tornachoivas que sustenta imposta pomada con 11 arquiños cegos, sustentados por 12 canzorros, en cuxos interiores aprécianse diferentes motivos, en alto e baixo relevo; e finalmente fiestra con dúas columnas e arco de medio punto. Os aleiros do edificio están sustentados por canzorros (22 no sur). Mantense a porta norte mentres se cegou a porta sur.

Mapa del lugar de interés LOIRO, SAN MARTIÑO DE

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de LOIRO, SAN MARTIÑO DE, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado