Descripción del sitio
Igrexa de orixe medieval que mantén a fábrica románica case íntegra, falta portada oeste. É un fermoso exemplar do románico rural ourensán. De unha soa nave (aleiro sobre canzorros xeométricos) e cabeceira rectangular reforzada por dúas columnas contrafortes entre as que destaca un curioso capitel no lado sur. Suxeitan o aleiro da cabeceira oito canzorros, catro por lado.