CATEDRAL DE SAN MARTIÑO - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

A catedral de Ourense é unha das máis importantes catedrais románicas. O edificio, adicado a San Martiño, comeza a construírse no século XII baixo o mandato do bispo D. Pedro Seguín e remátase a mediados do século XIII dirixindo a sede auriense D. Lorenzo. A catedral, xunto co Pazo Episcopal (hoxe Museo Arqueolóxico) será o símbolo e máximo expoñente do poderío do señor da cidade, o bispo. Esta circunstancia plasmarase na concepción da Catedral coma unha fortaleza (torres e terrazas). Seguindo o profesor Pita Andrade podemos dicir que tres serías as fases da catedral medieval. A primeira fase prolongase durante os gobernos dos bispos D. Pedro Seguín e D. Adán (1157-1173). Neste momento levantase a primitiva cabeceira de tres ábsidas abertos a nave central e dous laterais, un a cada lado do brazo menor do cruceiro. A construción do templo chega a unha segunda etapa de clara influencia compostelá da man do bispo D.Afonso (1173-1213) baixo cuxo mandato se consagra o templo no ano 1180. Nestes momentos de transición do século XII ao XIII construirase o cruceiro xunto coas portadas norte e sur e dous dos tramos da nave central. Mentres da Portada Norte orixinal só quedan algún elementos (as loitas que 1471 enfrontan os Condes de Benavente e Lemos afectaron seriamente a esta porta que se reconstrúe no século XV), na portada Sur podemos observar unha das obras mestras da arte medieval galega. Segundo Pita Andrade ?e posible, e incluso probable que se trate dunha obra realizada baixo a dirección directa do mesmo Mestre Mateo?. De todo o conxunto iconográfico resaltamos as figuras inscritas nos ?arquiños pareados separados por unha clave?onde podemos ver segundo o Pr.Moralejo a Marcolfo Salom e a Raiña de Saba. Entre os anos 1213 e 1248 D. Lorenzo continua e finaliza a Catedral de S. Martiño. Continúase a nave dende o segundo tramo e coróase o templo co Pórtico do Paraíso, a torre de campas e a Portada Occidental. O Portico do Paraiso abríase a un balcón até que fai uns anos (1975-1981) o arquitecto Pons Sorolla constrúe a escalinata actual rompendo co prantexamento medieval.

Mapa del lugar de interés CATEDRAL DE SAN MARTIÑO

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de CATEDRAL DE SAN MARTIÑO, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado