Descripción del sitio
Segundo Vazquéz Núñez, Astureses foi fundada pola orde do Temple no século XII, incorporándose posteriormente, século XIV a Orden Militar de S. Xoán formando parte da encomenda de Pazos de Arenteiro. Igrexa, de unha nave e abside semicircular precedido de tramo recto é integramente románica presentando añadido posterior no muro sur. O muro de poñente presenta a característica disposición da zona: Dous contrafortes que enmarcan portada bocinada (tres pares de columanas con capiteis vexetais, salvo o interior da dereita no que aparecen representadas un par de aves, sobre os que se posa mensula na que reposan tres arquivoltas baquetonadas e chambrana de billetes. Timpano bilobulado sobre mochetas e cunha especie de cruz inscrita no centro); tornachoivas (cinco canzorros con metopas labradas sonteñen a mensula); saeteira e finalmente campanario. Os muros laterales van reforzados por cinco contrafortes destacando no do norte unha portada interesante de duas columnas con unha arquivolta baquetonada e chambrana de billetes, timpano con tres cruces sobre mochetas. Destaca a cabeceira formada por dous tramos: recto e semicircular, dividido este último por dous contrafortes que crean tres espazos, en cada un unha ventana. Interesantes os canzorros da cabeceira que pola diversidade de motivos choca coa sinxeleza dos canzorros da nave, Igrexa de orixe medieval. Mantén íntegra a estrutura románica: unha nave e cabeceira semicircular. O hastial do poñente presenta portada entre contrafortes. Porta abucinada con dobre arquivolta e chambrana de billetes. Parte superior completamente renovada. Nave con aleiro sobre canzorros e porta no lado sur. Interesante cabeceira semicircular precedida por tramo recto, aleiro sobre arquiños cegos repousando en canzorros. Métopas decoradas.