A MEZQUITA, SAN PEDRO DE A - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

S. Pedro da Mezquita é unha das obra mestra da arquitectura románica rural da provincia de Ourense. A primeira noticia da igrexa témola nun documento do ano 986 e a comezos do século XI noutro relacionase cun preito entre Celanova e Vistruario, o propietario da igrexa. Arquitectonicamente e dunha nave e ábsida semicircular. A fachada occidental presenta portada, tornachoivas fiestra e rosetón encadrados por sólidos contrafortes. Remata o conxunto, sobre o piñón, antefixa. A portada, xa algo apuntada, fórmana tres arquivoltas coas súas correspondentes columnas, as centrais "salomómicas". Destaca o tímpano que, apoiado en dúas magníficas mochetas, esta decorado por cruz rematada en rosetas inscritas en círculos. Adosados os contrafortes, dúas figuras: S. Pedro a dereita e a esquerda Santa Ana / a Virxe?. Xa nos contrafortes chama a nosa atención, a dereita lobo con cordeiro e a esquerda loba con lobeznos, sobre ela home de xeonllos e mais arriba outra figura en mal estado. Tornachuvias sobre catro canzorros e métopas decoradas. A nave , dividida por dous contrafortes, liña de emposta e dúas fiestras. No primeiro tramo do muro sur porta con tímpano. A cabeceira, precedida de tramo recto, dividida por catro columnas adosadas, liña de imposta e fiestras. Canzorros, en xeral, xeométricos, en naves e cabeceira.

Mapa del lugar de interés A MEZQUITA, SAN PEDRO DE A

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de A MEZQUITA, SAN PEDRO DE A, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado