Descripción del sitio
O chef Gonzalo Rei ten 34 anos e tan só en 12 meses converteu a El
Mercadito (Galeras, 18 / 981574239) nunha referencia clave para a
restauración en Santiago de Compostela; non é un restaurante moi
coñecido a nivel popular, pero concilia un grande interese nunha
audiencia selecta de amantes da gastronomía, turistas gastronómicos e
xente de mundo e do mundiño; o local tamén é un dos lugares preferidos
polos políticos de máximo nivel do país, se cadra cansos da aburrida
lubina á prancha, o entrecó e os entrantes de xamón e croquetas cos que
os anegan nos restaurantes para negocios e pescozos brancos da cidade.
Máis información