Restauración ambiental da  Selva Negra. - Actuacións BNG - Compostela 2007-2011 (sitios de interés)

Descripción del sitio

A Selva Negra, con auga de fonte e auga de minas, é un exemplo claro de conxunción de árbores e auga. Situada na aba do Monte Pedroso, abrangue 22 hectáreas dunha valgada pública que pasou despois a mans privadas e que no ano 2007 foi adquirida polo Consorcio de Santiago por catro millóns de euros, enriquecendo o patrimonio natural da cidade. Este gran parque natural constitúe unha zona natural de enorme potencial no camiño da recuperación dos bosques de frondosas autóctonas galegas, que contribuirá a enriquecer o patrimonio natural de Santiago. O espazo caracterízase pola existencia dunha carballeira de exemplares de gran porte que rodea unhas 2 hectáreas de prado en tránsito a mato; após da carballeira, unha masa de eucaliptos de alta densidade, entre os que os pequenos carballos pugnaban por sobrevivir.

A eliminación das acacias e dos eucaliptos potenciará o desenvolvemento dos carballos e a eles engadiranse outras frondosas (bidueiros, cerdeiras, capudres, érbedos, faias, castiñeiros, nogueiras..) ao tempo que se respectan as especies arbustivas xa presentes (acivros, loureiros, sanguiños, pereiras, estripeiros....). En resumo, trátase de conservar os prados, sanear a carballeira e ampliar a súa extensión substituíndo os eucaliptos e acacias por carballos e outras frondosas.

Os traballos abranguen a retirada dos eucaliptos e acacias e o tratamento das cepas para impedir o rebrote, a protección do solo para evitar a erosión mentres duran as intervencións, o tratamento selectivo do mato para potenciar as especies xa implantadas e, posteriormente, a implantación de novas frondosas, micorrizadas, co que se facilita o crecemento dos exemplares plantados e tamén a futura presenza de setas. Non obstante, consérvanse os camiños e sendeiros existentes porque a mellora ecolóxica do espazo non ten porqué interferir co seu uso.

Mai información neste link

Mapa del lugar de interés Restauración ambiental da  Selva Negra.

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de Restauración ambiental da  Selva Negra., con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado