No marco deste programa realizamos exposicións sobre comercio, conferencias, as primeiras feiras de saldos organizadas en Santiago, e a Gala do Comercio, como colofón final dun mes onde o protagonista é o sector comercial. Tamén puxemos en marcha un Servizo de Asesoramento ao Comercio e un programa en colaboración coas empresas de comunicación para que os estabelecementos comerciais se poidan beneficiar de descontos en publicidade.