Melloras no Auditorio de Galiza - Actuacións BNG - Compostela 2007-2011 (sitios de interés)

Descripción del sitio

2007

  • Puxemos en marcha un plan integral de evacuación adecuado á normativa vixente. A demarcación de zonas de evacuación, o trazado dos distintos itinerarios para a evacuación, a delimitación das zonas refuxio e a sinlética axeitada conformaron o groso desta actuación.

  • Dotamos os aseos de colectores hixiénicos

  • Dotamos unha zona para que os usuarios poidan ter a posibilidade de asear aos bebés.

  • Instalamos un sistema de aviso no exterior de comezo do espectáculo.

  • Instalamos unha rampla fixa de carga e descarga.


2008

  • Ao longo de agosto realizamos a ignifugación de todos os panos do Auditorio así como das butacas e moquetas das salas.

  • No outono comezou a obra de hidrofugación das paredes correspondentes á Sala Ángel Brage e de boa parte do perímetro do predio, obra que supuxo a eliminación da maior parte das filtracións de auga que non só se producían polas fisuras das cubertas, pois ao ser un predio asentado nunha braña e cun soporte mixto, en pivotes e zapatas, os movementos do terreo propiciaron desprazamentos dos paramentos e gretas.

  • Realizamos unha recuperación integral das madeiras das distintas escaleiras do predio: as de acceso á Sala de Exposicións, acceso aos aseos da planta baixa, acceso á Sala Circular e oficinas inferiores.

  • Adecentamos a dotación das oficinas cambiando as moi deterioradas persianas venecianas (totalmente estragadas polo uso de case vinte anos) e instalamos estores con filtro que garante unha zona de traballo máis adecuada para o uso de pantallas de ordenadores.

  • Renovación e substitución de parte dos xeradores eléctricos que garanten a subministración de enerxía eléctrica en caso de corte na rede xeral e, por tanto, a seguridade do.

  • Realizouse unha diagnose especializada en seguridade de espazos de espectáculos que se revisa cun mantemento anual integral, de posta a punto, substitución de pezas avariadas e seguimento das dotacións técnicas e de tremoia, tanto da AG como do Teatro Principal.

  • Puxemos a punto o pano corta-lume da Sala Ángel Brage substituído o sistema hidráulico que estaba moi degradado e fóra de catálogo, para podermos cumprir coas medidas de seguridade establecidas pola normativa en vigor.

  • Instalamos unha nova centraliña telefónica que nos permitiu anexionar o AG á rede do Concello, contratando ao mesmo tempo unha liña de saída para telefonía móbil. Ambas instalación supuxeron un importante aforro (en torno ao 50%) do consumo mensual e abriron a posibilidade de usar as conexións telefónicas co Concello e co Consorcio a través de extensións internas, de custo 0 para o AG (anteriormente realizábanse todas a través de chamadas externas).

  • Instalamos e conectamos o AG, por zonas, á rede wifi do Concello, feito que posibilita usar estas redes en eventos que así o requiran.


2009

  • Instalamos un sistema de quecemento na sala Ángel Brage compatible co traballo da RFG, garantindo unhas condicións de traballo, en termos acústicos e térmicos, óptimos para a actividade da orquestra.

  • Substituímos os dimmers da Sala Mozart para cumprir a normativa actual.

  • Dotamos dun proxector a Sala Mozart para poder realizar actividades en torno ao audiovisual, como é o caso de Curtocircuíto ou os programas didácticos.

  • Dotamos de medios audiovisuais a Sala Circular, modernizando minimamente unha sala que ao longo do ano acolle moitas reunións, consellos sectoriais e xornadas, tanto do Concello de Santiago de Compostela como doutras organizacións.

  • Instalamos un sistema de videovixilancia en todo o edificio con conexión a unha central receptora, que nos permitiu reorganizar a distribución do traballo nunha época en que a taxa de reposición de efectivos veu minguando o cadro de persoal (3 efectivos ata 2011).

  • Substitución do chan do escenario na Sala Ángel Brage, que debido a un uso continuado se atopaba nun estado preocupante para a seguridade dos executantes, causadas estas polo desgaste e rotura de táboas e remas.

  • Substitución e elaboración de prototipos de moas para as butacas das Sala Ángel Brage, que dada a idade destas xa non ten repostos no mercado e a substitución total das butacas é totalmente inasumible en termos económicos. Fíxose unha tiraxe de 1500 unidades para que quedaran para futuras reposicións.

  • Grazas a unha subvención do Consorcio da Cidade subtituíuse un novo tramo das cubertas do predio. Neste caso as que cobren a Sala AB. As cubertas son unha das grandes eivas do Auditorio, pois ao seren de cobre soldado, co paso do tempo todo o que era soldadura converteuse en fisura, e se a isto lle sumamos a pouca caída que ten o teito para un clima como o noso, o resultado aínda é máis preocupante.

  • Reestruturamos a distribución do espazo destinado a albergar os servizos de administración e xestión do AG e da RFG. Unificamos os servizos administrativos do AG na planta superior da zona de oficinas, racionalizando o espazo e pasando o gabinete de dirección a un despacho pequeno e concentrando o gabinete de administración no que anteriormente era o de dirección, un despacho moi grande que pasou a acoller catro traballadores/as. Os despachos da planta inferior quedaron a disposición da RFG, facendo eles as súas adaptacións de tabiques e obras menores que se adecuaran ás súas esixencias.

  • Fixemos un arquivo para o Auditorio no que antigamente era a Sala de Control. Isto permitiu sistematizar e ordenar o arquivo administrativo e de xestión do AG.

  • Substituímos equipos informáticos e de procesamento de información que xa nos estaban en condicións de seren usados polo desgaste do uso continuado, nalgún casos ao longo dos 20 anos do equipamento (computadores, unha fotocopiadora multifuncional, fax, centraliña de control de persoal, informatizando o sistema).

  • Instalación dun sistema de acceso ao AG mediante chave electrónica, con chaves personalizadas e codificadas.

  • Pola desaparición da vixilancia que poñía a USC á disposición do aparcamento soterrado do AG, instalamos un sistema de entrada con acceso restrinxido para o persoal das distintas entidades que operan no AG (RFG, AG, BMM) para uso ordinario, abríndoo a todo o público en días de actividade.

  • Recuperación e posta a punto de todo o material de iluminación do Auditorio.


2010

  • Procedemos á licitación, contratación e substitución dos dimmers da Sala Ángel Brage, para actualizalos e cumprir coa normativa europea vixente en materia de seguridade de dispositivos e instalacións eléctricas en espazos escénicos. Para acometer esta instalación contamos co apoio da Deputación da Coruña.

  • A través do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela licitouse a compra dun piano novo para o AG. Nestes momentos está en proceso de contratación.

  • Adecuamos un espazo para gardar o piano en condicións óptimas, con dispositivo de medición térmica, de humidade e de luminosidade.

  • Coa subvención do Consorcio acometeuse a remodelación do aparcamento soterrado co fin de adecualo á normativa e mellorar a súa funcionalidade e integración.


2011

  • Contratouse a obra de reposición do pavimento da praza do Auditorio co fin de eliminar as filtracións de auga, ordenar o seu uso e arranxar o seu pavimento.

  • Está en proceso de licitación a obra do último tramo de cubertas pendente da súa reposición.

Mapa del lugar de interés Melloras no Auditorio de Galiza

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de Melloras no Auditorio de Galiza, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado