Construción do CERSIA - Actuacións BNG - Compostela 2007-2011 (sitios de interés)

Descripción del sitio

  1. Construcción e posta en marcha do CERSIA: o edificio CERSIA-Empresa (Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa) permitirá centralizar os servizos que presta a concellaría de Promoción Económica e a xestión dos programas de emprendemento, comercio, formación e inserción laboral. As actividades que se desenvolverán nestas instalacións estrutúranse en torno a tres ámbitos de actuación, intimamente relacionados: apoio á cultura emprendedora, apoio ao emprego, e apoio ao empresariado e á promoción económica da cidade.

CERSIA-Empresa ten unha superficie construída de  1.630 metros cadrados dotada de:  

  • Salón de actos con capacidade para 200 persoas

  • Dez oficinas illadas para a ubicación de proxectos empresariais antes da súa constitución.

  • Dúas salas de reunións apropiadas para a realización de mesas de traballo.

  • Unha aula de informática pensada para 30 persoas, e dotada dos equipos pertinentes, e  acondicionada para usos docentes.

  • Dúas aulas de usos múltiples.Estes espazos de carácter multidisciplinar poden ser acondicionados como oficinas ou espazos para a docencia de xeito rápido e pouco custoso.

  • Espazos destinados aos servizos internos do edificio, así como aseos independentes para ambos sexos e aseos adaptados para persoas con mobilidade reducida.

Mapa del lugar de interés Construción do CERSIA

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de Construción do CERSIA, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado