Descripción del sitio
Dos mais antigos tramos de alfombras do Corpus é o da rúa dos Ferreiros antes chamada Gabino Bugallal. A fotografía mais antiga que se conserva dunha alfombra do Corpus de Ponteareas é unha foto deste tramo de 1912.
Antes confeccionábase un só tramo que iba dende o inicio da Costa de San Gregorio ate o Baratillo. Os traballos de desfolle facíanse en 3 portais: o de Pilarucha, o de Leandro e o de Piñeiro e neles participaban mais xente que na actualidade, e tamén o traballo era maior non só polo tamaño da alfombra senón polo uso de materiais que requiren maior preparación como o fiuncho, hoxe sustituido polas cocas do eucalipto.
Os veciños da calle de Abaixo facían a súa alfombra na propia nacional 120, ate que nos anos 60, co aumento do tráfico na estrada, este tramo trasladouse ao primeiro tramo da Rúa dos Ferreiros, reducindo así o antigo tramo de Gabino Bugallal. Polo extremo do Baratillo foron aparecendo tamén novas alfombras. O tramo de Montenegro, da Pilarucha e as de Anita, traballa hoxe nun portal frente a baixada para San Roque, aproximadamente no punto medio do percorrido da alfombra.
O deseño desta alfombra estivo en mans e no arte dos Montenegro. As persoas mais maiores do portal recordan dende que teñen memoria, facer o deseño a Emilio Montenegro que diseñou as alfombras ate mediados dos anos 70. Xa o seu pai deseñaba as alfombras dos Ferreiros, e cando Emilio finou tamén o seu fillo deseñou alfombras. Logo outros deseñadores como Miguel Gayo ou Julio “Varillas” tomaron o relevo.