Alfombra Reveriano Soutullo - AAVV Arcos - Corpus Christi Ponteareas Zonas de Aparcamento en Ponteareas en Corpus Christi Servicios Municipais de Ponteareas Zonas pechadas ao tráfico en Ponteareas en Corpus Ch... Alfombras do Corpus Christi de Ponteareas (sitios de interés)

Descripción del sitio

No ano 2005 o Concello de Ponteareas cursou invitación a cada unha das parroquias a través das asociacións de veciños, para que estas participaran na elaboración de alfombras na vila o día de Corpus. A única parroquia que respondeu coa súa presencia aquel ano foi S. Breixo de Arcos, e ate este ano que participa por vez primeira a asociación San Nicolas de Prado ningunha outra parroquia ten feito alfombra no Corpus de Ponteareas.

A primeira alfombra que os de Arcos fan en Ponteareas foi en 2005 e ate este ano sen interrupcción. Segundo a presidenta da asociación de veciños e representante da alfombra, Antonia Cuevas, o éxito de aquel primeiro ano, coa presencia de medios de comunicación e as moitas felicitacións recibidas animou a máis veciños a participar na confección da alfombra, e a día de hoxe mais de 30 persoas se xuntan a traballar desde dúas semanas antes do Corpus.

O domingo anterior ao Corpus de Ponteareas celébrase o Corpus en Arcos. Ese domingo fan unha alfombra no adro, diante da Igrexa, de 7x7 metros. O deseño desa alfombra é aproveitado e incorporado xunto con outros motivos, á alfombra que elaboran en Ponteareas no domingo seguinte, alfombra de 5x30 metros.

O deseñador das alfombras desde o primeiro ano é Luis Duartes Gómez, veciño de Arcos que antes do 2005 non tiña deseñado alfombras, e que ano tras ano leva realizadas unhas das alfombras mais recoñecidas polo seu deseño, detalle e orixinalidade.

Mapa del lugar de interés Alfombra Reveriano Soutullo - AAVV Arcos

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de Alfombra Reveriano Soutullo - AAVV Arcos, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado