Barranquesa Tascas, tabernas e mesóns

Leer descripción ↓↓ Ver el mapa


Pota na mesa, comer até estar servidos; pasamos ao segundo plato, o mesmo. Blank nails optional. probando


0: Reino
Ver detalle
1: Os Belés
Ver detalle
2: O Carreteiro
Ver detalle
3: Casa Saques
Ver detalle
4: Bar de Quin
Ver detalle
5: Fontevella
Ver detalle
6: Finisterre
Ver detalle
7: As Cangas
Ver detalle


Lugares de interés (POIs) del Mapa

0: Reino

Rexentado por Mar e David, adoita ter unha bandexa con marisco na barra. Se hai sorte, pode que caia unha pata como tapa, se non, pide unha nécora para pasar o tempo mentras tomas o viño.


Menú sinxelo, variado e imaxinativo.


Más sobre Reino

1: Os Belés

A mellor adega de Coruña (disque). Ambientazo, con xentes de ben e traxe, barra de mármore, guitarras e algunha cincuentona ocasional, solteira ou divorciada, buscando plan.


Advertencia: a xente cool pode ser ignorada e ao local quédalle pouco tempo de vida.  


Más sobre Os Belés

2: O Carreteiro

Como non ir até o Castrillón os xoves, con eses garbanzos con bacallau?


Decoración hiperenxebrista, con tellado de tella interior, lareira con mesa e carro, o inevitábel carro, pero moi agradábel.


Más sobre O Carreteiro

3: Casa Saques

A mellor empanada da Coruña. Dignifican até tales extremos o trío da morte (carne, bonito e empanada) que o camareiro borde e as sacudidas de espanto deixan de ter importancia.

Os ovos revoltos son outro escándalo, por ricos e por prezo.


Más sobre Casa Saques

4: Bar de Quin

Os domingos de sol hai ir tomar uns viños ao bar do mercado. As ás de polo, moi torradas e cargadas de sal, son o acompañamento perfecto.


Más sobre Bar de Quin

5: Fontevella

Colle mesa fora, do lado da praia, pide un albariño fresquiño, entretente con algo de marisco e logo dalle duro á caldeirada de raia, que é para chorar.

Dos meus sitios favoritos do mundo.


Más sobre Fontevella

6: Finisterre

Este foi o lugar onde vin por primeira vez as fabas con polbo, pero o que de verdade está ben deste lugar é a xiba en tinta.


Más sobre Finisterre

7: As Cangas

A fabada, contundente. As fabas con codorniz, curiosas. Mesas de madeira e pouco ruidoso. Escanciador de sidra automático do máis kitsch.


Más sobre As Cangas

Comentarios

comments powered by Disqus